Skip to Content

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro xoves 8 de setembro, ás 12,30 horas, terá lugar no Salón de Usos Múltiples do noso centro a Reunión de Principio de curso para as familias do alumnado de Educación Infantil na que faremos a presentación do equipo docente e daremos conta de aspectos varios de interese para a escolarización dos nosos cativos e cativas.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instruccións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 27 de abril de 2016- DOG do 16-05-2016) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Primaria.(VÉXASE ARQUIVO ADXUNTO)

Seguindo as mesmas instrucións da Consellería e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de Educación Secundaria de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

Ao inicio do próximo curso, Setembro 2016, entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario; tamén se fará entrega dos vales de axuda para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de Primaria e 2º e 4º de secundaria) así como dos vales de axuda para material escolar.

 

 Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Podedes consultar a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2016-2017 na porta principal do colexio ou no arquivo adxunto a este artigo.

AVISO IMPORTANTE. Lembrade que é recomendable NON mercar ningún libro de texto nin material escolar ata o mes de setembro cando todo o alumnado teña asignado o grupo e profesor/a correspondente. Graciñas.

Calendario de exames de setembro 2016

As Probas Extraordinarias de Setembro 2016 desenvolveránse o xoves 1 e venres 2 de setembro en horario de 8,45 a 14,45.

Podedes consultar o calendario destas Probas extraordinarias de setembro 2016 e os horarios dos respectivos exames e materias na porta do centro ou no seguinte arquivo adxunto. 

Actividades de Fin de curso 2016

O tempo pasa tan rápido que case sen decatarnos xa rematamos outro curso máis. Este curso 2015- 2016 chega ao sen fin e con el chegan, por un lado, os momentos de despedida e parabéns para os nosos mozos e mozas de cuarto da ESO que emprenden camiños novos fora das paredes do seu colexio de sempre, e por outro, as despedidas mais curtas e ata logo-vémonos prontiño para os raparigos e raparigas que comezan as tan esperadas e merecidas vacacións despois do traballo e esforzo tan grande que fixeron neste ano.

Para por remate a este ano tan intenso de traballo, dedicación e por qué non, de ilusións cumpridas e logros acadados fixemos un montón de actividades para celebralo. Coma sempre podedes botar un ollo á nosa galería de imaxes ou premer en calquera destas imaxes para facervos unha idea e lembrar momentos de diversión compartidos con todo o noso alumnado.

                                                            

Bo verán e vémonos en setembro.

2º PREMIO PLAN PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O pasado xoves, 23 de xuño de 2016, a última hora da mañá telefonounos o Conselleiro de Cultura, Educación e OU para darnos os parabéns por quedar 2º no I PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA polos Programas do Plan Proxecta que estamos a traballar no centro na categoría onde compiten os IES e CPIs de toda Galicia.

O premio, que será entregado no comezo do vindeiro curso, consiste en 4000 euros para o centro e o recoñecemento en Innovación Educativa para o centro e para o profesorado.
Neste ano cheo de dificultades é unha grande alegría poder acabar o curso con este recoñecemento polo traballo ben feito e polo compromiso do profesorado coa mellora e innovación permanente na educación dos nenos e nenas de Cuntis.

 

                          

 

Aquí podedes ler a noticia na web da Consellaría de Cultura, Educación e OU:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19363

Aquí podedes ler a resolución onde se conceden os premios:http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19361

Aquí podedes ler o texto da convocatoria do premio:http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18679

Matrícula curso 2016-2017

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle será entregado no centro.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

  •   Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño.

  •   Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

O alumnado e comunidade educativa do noso centro ven de recibir os parabéns da Asociación SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI pola súa colaboración na campaña "Súmate dende 1 só euro" que propicia a nenos e nenas saharahuis a oportunidade de viaxar dende os campamentos de refuxiados onde viven ata Galicia. Moitas grazas polas vosas contribucións e pola vosa Solidariedade.           

                                                             

Manzaneda 2016

O alumnado de quinto e sexto de primaria ven de realizar a súa viaxe de fin de etapa este seis, sete e oito de xuño. Un ano mais foron compartir experiencias, xogos e aventuras á Estación de Montaña de Manzaneda, en Ourense. Primeiro visitaron o casco histórico de Ourense e os baños de Outariz, e na viaxe de volta aproveitaron para visitar o Castelo de Castro Caldelas. Os mestres que os acompañaron tiraron moitas fotos que coma sempre podedes ver na nosa galería de imaxes ou premendo en calquera destas que puxemos de mostra.

           

 

"Os piratas" de 5º Educación Infantil

 Durante o 3º trimestre o alumnado de 5ºA e B de Educación Infantil elaboramos un proxecto sobre “Os Piratas”. Para as súa realización contamos coa colaboración das familias.

Deste xeito, motivador e orixinal, traballamos moitos dos contidos deste nivel educativo. Como resultado final realizamos un mural no corredor e fixemos unha busca do tesouro polo patio.

 Se queredes ver o ben que o pasamos premede na seguinte imaxe.

                                                       

"A nosa aventura pirtata remata aquí, pero os nenos/as nunca deixaremos de soñar".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut