Skip to Content

Xornada de Altetismo

O luns 25 de abril o alumnado de 5º de EP participou un programa deportivo para a promoción do Atletismo en pista. Realizararon diferentes probas: 60 metros lisos, 500 metros lisos, Lanzamento de Vórtex, Salto de Lonxitude, Lanzamento de peso (2 kg) e Relevos 4x60 metros.                                                                        

                                                  

 

Obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" 2016

Este mércores 20 de abril o alumnado de infantil e terceiro e cuarto de primaria que está a participar no programa Aliméntate Ben dos Plan Proxecta da Consellaría participou do obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" que trouxeron ao noso centro. 

Aprendemos un montón de cousas sobre o mar e as conservas, xogamos con puzzles e cámaras de vídeo de última xeración, e finalmente, o mellor de todo, fixemos uns bocatas deliciosos que sabían xenial. Botádelle un ollo ás fotos que nos fixeron as mestras.

        

                      

Excursión 4º ESO 2016.

Os alumnos/as de cuarto da ESO levan todo o curso traballando arreo para pór fin ao seu paso polo noso colexio cunha viaxe de fin de etapa das que non se esquecen en tempo. Sairon en avión dende a capital compostelana ata Barcelona para coller un barco que logo os levaría de cruceiro a visitar e coñecer as máis fermosas cidades do Mediterráneo. Parece ser que o pasaron moi ben e que non tiñan moitas gañas de voltar, pero como todo o bon ten un final, acaban de chegar e traen a maleta chea de lembranzas e anécdotas, e unha manchea de fotos que lles axudarán a manter viva a ilusión e a emoción da súa viaxe.

             

Día da Terra

 

 Escoita atentamente estos poemas e non esperes máis, axúdanos a coidar do planeta.

 

 

Bandanza

Bandanza?? Que é Bandanza?? Se llo preguntades aos alumnos/as de 3º e 4º de primaria diranvos que esa palabra nace da mestura entre a música da Banda Municipal de Santiago e os bailes de salón.
 
 
A pesar de non acompañarnos o bo tempo, ao saír do auditorio de Galicia, visitamos brevemente a catedral de Santiago de Compostela; ata entramos pola Porta Santa.
 

Concurso de Doazón e Transplantes 2016

 Un ano máis o noso centro participará no concurso de Doazón e Transplantes 2016 co alumnado de quinto de primaria. Este traballo dos nosos/as rapaces e rapazas desenvólvese dentro do marco dun dos doce proxectos dos Plans Proxecta de Innovación educativa da Xunta de Galicia nos que participa o noso centro, o proxecto "SALVAVIDAS" da Consellaría de Sanidade.

Podedes albiscar un chisquiño do traballo de concienciación e sensibilización que están recibindo os nosos/as alumnos/as visitando a nosa galería de fotos ou premendo en calquera destas imaxes.

            

Visita a Apípolis

Os cativos e cativas de 1º e 2º curso de Primaria foron de excursión o martes 5 de abril a Pontevedra. Visitaron a casa das abellas de Xeve, a chamada “Apípolis” onde aprenderon a importancia das abellas para o ser humano e a natureza e onde probaron a facer riquísimas galletas, degustaron doce mel, fixeron a súa propia vela de cera e viñeron esgotados/as de tanta diversión e coñecementos adquiridos.

Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotografías que nos tiraron as mestras premendo nestas imaxes ou entrando na nosa galería de fotos.

                       

Programa de prevención de drogodependencias e condutas adictivas.

Para rematar o 2º trimestre o alumnado de 6º de educación primaria desfrutou preparando e servindo unhas receitas de cócteles saudables. Esta actividade levárona a cabo con Julia Búa, a Técnica de Prevención do Concello, que estivo durante o mes de marzo traballando co alumnado de 6º, e tamén co de 1º e 4º de ESO un Programa de prevención de drogodependencias e condutas adictivas. Sabedes que foi o mellor? A degustación posterior!!! Mirádeo vós mesmos clikando nas imaxes.... e animádevos tamén a probalas.

                                

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar 682 prazas para realizar actividades de formación en línguas estranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato no ano 2016. O prazo de solicitudes comeza o 29 de marzo e permanecerá aberto ata o 28 de abril (ambos incluídos). No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria.

 

Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016.

A escritora Ledicia Costas visita o noso centro

Este martes 15 de marzo visitou o noso centro a escritora Ledicia Costas, autora de historias coma Unha Estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto gris, Escarlatina, a cociñeira defunta.... entre os que se atopan varios premios de literatura infantil nacional. O alumnado da ESO desfrutou dun pequeno encontro coa autora e levaron consigo algúns exemplares das súas obras literarias asinadas pola autora.

Podedes visitar a nosa galería de imaxes para ver algunhas fotografías que sacamos ou premendo nalgunha destas imaxes.

                            

Distribuir contido


by Dr. Radut