Concurso de Doazón e Transplantes 2016
Un ano máis o noso centro participará no concurso de Doazón e Transplantes 2016 co alumnado de quinto de primaria. Este traballo dos nosos/as rapaces e rapazas desenvólvese dentro do marco dun dos doce proxectos dos Plans Proxecta de Innovación educativa da Xunta de Galicia nos que participa o noso centro, o proxecto "SALVAVIDAS" da Consellaría de Sanidade.
Podedes albiscar un chisquiño do traballo de concienciación e sensibilización que están recibindo os nosos/as alumnos/as visitando a nosa galería de fotos ou premendo en calquera destas imaxes.