Skip to Content

Proxecto Ríos. 1ª Inspección ao Río Gallo

O pasado 21 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha saída ao río Gallo para coñecer o seu "estado de saúde".

Acompañados por un educador ambiental da asociación ADEGA e dentro do Proxecto Ríos analizaron diferentes parámetros: características físico-químicas (ph, nitratos,..), a flora, fauna (presencia de macroinvertebrados), o caudal, os impactos medioambientais, etc ...

Esto é unha mostra do interesante que resultou.

        

Reunión Familias de Educación Primaria

O vindeiro martes día 15 de setembro terá lugar na Sala de Usos Múltiples do CPI Aurelio Marcelino Rey García a reunión de principio de curso para Educación Primaria.

As horas establecidas por cursos serán as seguintes:

  • 3º e 4º Curso de EP 16:00 hs.

  • 5º e 6º Curso de EP 17:00 hs.

  • 1º e 2º Curso de EP 18:00 hs.

No transcurso desta reunión trataranse temas de interese para o funcionamento do curso escolar 2015-2016 polo que é conveniente a súa asistencia e participación na mesma.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016

Podedes consultar a Listaxe de Libros de Texto para o curso 2015-2016 no arquivo adxunto ou na porta principal do colexio.                                                            

 AVISO IMPORTANTE

NON MERCAR NINGÚN LIBRO DE TEXTO NIN MATERIAL ESCOLAR ATA O MES DE SETEMBRO CANDO O ALUMNADO TEÑA ASIGNADO O GRUPO E PROFESOR/A CORRESPONDENTE. MOITAS GRAZAS

LISTAXE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016

ADXUDICACIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

3º e 5º de PRIMARIA

 

De acordo coas instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto ( Orde do 21 de maio de 2015- DOG do 01-06-2015procedemos a facer públicas na porta principal do centro as listaxes de solicitudes correspondentes a 3º e 5º de Primaria.

**AVISO IMPORTANTE: As persoas solicitantes admitidas nestas listaxes terán que pasar polo centro asinar un documento de compromiso de devolución do material curricular recibido en bo estado ao finalizar o curso 2015-2016.

*Ao inicio do próximo curso, setembro de 2015, e unha vez asinado o documento de compromiso, entregaranse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao fondo solidario.

 

Seguindo as mesmas instrucións da Consellería e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de 2º e 4º da ESO de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

Festival Fin de curso 2015

 

Podedes botarlle un ollo ás actuacións e fotos do festival premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos e vídeos.

            BO VERÁN           

                                   FOTOS                                                                                                           VIDEOS

 

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2015

O CALENDARIO DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014 desenvolveráse nos días 1 e 2 en horario de 8:45 a 13:45 hs.

En arquivo adxunto aparece o detalle de cada exame.

ACTO DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO

O pasado martes 17 de xuño fixemos na Sala de Usos Múltiples do noso centro un Acto deDespedida do alumnado de 4º da ESO. Sacamos moitas fotos e gravamos uns vídeos cos que poder lembrarvos cando emprendades o voso camiño xa fóra deste voso centro.

Premede na seguinte foto ou visitade a nosa galería de imaxes e vídeos se queredes velas.

                                                   

FESTIVAL FIN DE CURSO: Venres 19 de xuño

O vindeiro venres 19 de xuño celebraremos no Salón de Actos do noso centro o Festival de Fin de Curso, onde todo o alumnado de EI e EP participa amonsándonos as súas habilidades rítimicas e expresivas.

Este ano xira en torno á importancia de levar una dieta saudable e leva por título "ALIMENTATE BEN". Dividiremos as actuacións en dúas partes:

                                      - 1º PARTE: Infantial e 1º Ciclo comezará sobre ás 10:15h.

                                      - 2º PARTE: 2º e 3º Ciclo de Primaria comezará sobre ás 12:15 h

Estades todos/as convidados/as. Esperamos que vos guste.

                                                           

MATRÍCULA CURSO 2015- 2016

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle será entregado no centro.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

      · Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 22 ao 30 de xuño.

      · Alumnado de Educación Secundaria do 24 de xuño ao 10 de xullo (O alumnado que solicite axuda de libros para o vindeiro  curso, ten de prazo para formalizar a matrícula ata o 30 de xullo).

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015- 2016

A gratuidade  solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos: 

  • Axudas para a adquisición de libros de texto regulado pola Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño)para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de EP, 1º e 3º de ESO.

  • Fondo solidario de libros de texto regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño)para o alumnado de 3º e 5º de EP e 2º e 4º de ESO.

Podedes consultar toda a información en canto a prazos e requisitos nos enlaces que vos deixamos, nos arquivos adxuntos ou no propio centro en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut