Skip to Content

Claude Monet

O alumnado de Educación Infantil e o de 6º de Primaria traballaron dende diferentes áreas a vida e a obra de Claude Monet.

O resultado desta actividade pódese ver estas semanas no corredor principal do noso centro. Se queredes ver máis fotos premede na imaxe.

                        

                                                                                                        VÍDEO

Aventuras dunha gota de auga

Os alumnos e alumnas de 1ºA de educación primaria estudiamos o tema da auga no segundo trimestre. Queremos presentarvos a adaptación do conto "Aventuras dunha gota de auga" de Begoña Ibarrola que elaboramos cos nosos debuxos e as nosas narracións.

                                                       

CONCURSO “Affiche ton Français” 2015

O  alumnado de Francés do CPI de Cuntis participaron voluntariamente no concurso 2015 organizado pola Asociación de Profesores de Francés centros de toda Galicia que tivo lugar en Santiago de Compostela o 27 e 28 de febreiro de 2015, na 29ª edición. O tema deste era: “Personaxes francófonos célebres

Para a catogoría de FLE2 (Francés, 2ª Lingua Estranxeira) en 1º et 2º de ESO, os pósters seleccionados entre todos os presentados foron:

  • Le petit prince, de saint Exupéry”, de Miguel Martínez Campos, 1º ESO A
  • Le théâtre, de Molière”, de María Escariz Eiriz de 1º ESO
  • Vanessa Paradis”, de Andrea Pereira de 1º ESO A

Para a categoría de Francés, 2ª Lingua Estranxeira, en 3º e 4º de ESO, os pósters seleccionados entre todos os presentados foron:

  • Coco Chanel”, de Noemí Izquierdo de 3º ESO A
  • Coco Chanel”, de Andrea Fontán Fernández de 3º ESO A
  • Christian Dior”, de Jenifer Mesejo Puga de 4º ESO A

O póster presentado par Miguel Martínez Campos foi premiado co 2º Premio, entre todos os participantes.Bravo Miguel! Felicidades!

A profesora de Francés agradece a participación e o interese demostrado por todo o alumnado. Se queredes ver as fotos premede na imaxe.

                  

Visita á lonxa de Vigo e ao Museo do Mar.

O martes 7 de abril a rapazada de 3º e 5º de primaria que está participando no programa do Plan Proxecta "Aliméntate Ben" fixemos unha visita a Vigo como complemento a dito programa. Fixemos un percorrido polas partes máis importantes da Lonxa de Vigo, coñecemos o Museo do Mar e todas as súas curiosidades, degustamos productos do noso mar e rematamos a nosa andaina cunha morea de xogos e actividades na praia de Samil. 

Se queredes ver unha mostra do moito que aprendemos nesta xornada tan intensa votade un ollo á nosa galería de imaxes ou premede nestas fotos.

                      

O sabor da aventura está no mar. Obradoiro.

O pasado xoves 26 de marzo viñéronnos visitar ao colexio uns amigos moi especiais: A Cuadrilla dos Arroases. Luís "O Pescador" e Mariña " A cociñeira", xunto cos seus axudantes, chegaron cargados de contos, historias e probas para os rapaces e rapazas de 6º de infantil, 1º, 3º e 5º de primaria que están a participar no programa do Plan Proxecta "Aliméntate Ben". Contáronnos cousas moi curiosas do mar, dos peixes, da Pesca Sostible, do Consumo de peixe do noso litoral e das cousas que todos e todas podemos facer para conservar o noso mar e os animaliños que nel viven; tamén houbo tempo para xogar e tentar superar as probas que nos propuxeron e poder así acadar o noso Título de Mariñeiro Pescador Sostible.

Se queredes ver canto aprendemos e o moito que nos divertimos visitade a nosa galería de fotos ou premede en calquera destas fotos.

Visita e baño no Balneario de Cuntis

O mércores 25 de marzo o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria realizou unha visita ás instalacións das Termas de Cuntis.

Na primeria parte da mañá fixeron un percorrido onde o persoal do balneario lles explicou as utilidades e o funcionamento das diferentes estancias.

A continuación disfrutaron durante unha hora e media do ACQUAFORM, realizando un circuito lúdico-termal no que aproveitaron os beneficios terapéuticos das augas de Cuntis.

A visita resultou moi educativa e relaxante, o alumnado veu encantado e o profesorado tamén.

Se queredes ver máis fotos premede na imaxe.

                                                   

Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

O pasado xoves 19 de marzo os alumnos e alumnas de 1º ESO fomos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, que está situado nunha das áreas máis ricas en petróglifos do noso pais.

Alí nos explicaron un montón de cousas sobre eles, dende o seu posible significado ata como eran e como vivían as xentes que os gravaron. Ademáis participamos nun obradoiro para aprender a facer lume tal e como o facían naquela época. Un dos nosos compañeiros, Andrés, conseguiu prender lume e asegúrovos que non era nada doado.

 

 

 

 Se queredes ver máis fotos premede aquí.

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar 682 prazas para realizar actividades de formación en línguas estranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato no ano 2015. O prazo de solicitudes comeza o 17 de marzo e permanecerá aberto ata o 16 de abril (ambos incluídos). No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria.

     Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015.

Día Internacional da Muller

Para conmemorar o 8 de marzo o alumnado de Educación Primaria homenaxeou a tódalas mulleres decorando así unha parede do noso corredor principal.

                                                     

Na percura do tesouro

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiron á obra didáctico-musical “Na percura do tesouro”, que trata as tradicións orais transmitidas dos nosos antepasados (rituais, actos festivos, coñecementos sobre a natureza e o universo, artesanía tradicional, ...) . Ensináronnos instrumentos tradicionais da nosa cultura, como o acordeón , a zanfona ou a requinta ; falaronnos das regueifas, dos cancioneiros e das cantigas. Todo isto a través dunha interesante historia de lendas e enigmas.  

                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut