Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2014-15

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle será entregado no centro.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

·        

Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño.

·        

Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Festival Fin de Curso

FOTOS VIDEOS
 

Información para a comunidade educativa


Estimadas familias:

 

Como saben, no marco do Plan de Mellora que estamos a desenvolver no centro, durante o mes de maio pedímoslles ás familias, ao alumnado e ao profesorado que cubrise unha enquisa.

A participación por cada un dos seguintes sectores foi a seguinte:

 

Familias

75 %

Alumnado

100 % (de 3º EP a 4º ESO)

Profesorado

73 %

Plan de Mellora

 

ENQUISAS FAMILIAS   ENQUISAS ALUMNADO   ENQUISAS PROFESORADO
                                    
         

CONCLUSIÓNS

 

CONCLUSIÓNS

 

CONCLUSIÓNS

Acto Despedida 4ºESO

     

 

Certame poético Carme de Xinzal

O martes 17, no salón de actos do CPI Aurelio Marcelino,  fíxose entrega dos premios do certame poético Carme de Xinzal organizado pola asociación cultural O Fervedoiro. O cantautor cuntiense Manoele de Felisa amenizou o acto.

O fallo foi o seguinte:

3) Pola defensa directa da liberdade de expresión e a liberdade de ensino, así como pola clara crítica ao elemento censor; cumprindo todas as bases, resulta galardoado co 3º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal o autor da composición Censura, asinada polo Rapaz do Quinteiro; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Abraham Argibay González, alumno de 2º da ESO.

2) Pola forza transmitida e o xogo de imaxes, polos recursos estilísticos (paralelismos, metáforas,…) e incluso polo ritmo que xeran os seus versos; cumprindo todas as bases resulta galardoada co 2º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora do poema Ninguén, asinado por Vento que sopra do norte; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Laura Lobato, alumna de 3º da ESO.

1) Polas metáforas, pola gran forza visual que transmite, polo xogo que se xera ao comparar a liberdade de expresión cun merlo que pode ser apresado nunha gaiola, e incluso polo suspense e intriga coa que nos deixa de non facemos uso –nós, os seres humanos– dos dereitos que nos son propios; e cumprindo todas as bases resulta galardoada co 1º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora da composición Branco, asinada por Eire; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Regina Touceda Rey, alumna de 3º da ESO.

 

 

           

Festival 4º ESO - Excusión de Fin de Curso

SERVIZO COMEDOR ESCOLAR 2014-15

 RESERVA DE PRAZAS PARA O COMEDOR ESCOLAR 2014-2015

 O prazo de reserva de prazas para o comedor escolar para o curso 2014-15 abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo.

 

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO 2014-15

 

 PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2014-2015

 

O prazo de admisión para o curso 2014-2015 abrangue desde o 1 ata o 20 DE MARZO    (*De acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

 

►  REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO NOVO NO CENTRO

 O VINDEIRO MARTES 18 DE MARZO ÁS 17:00 HORAS REUNIÓN INFORMATIVA E VISITA POLAS INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO.

 

 

Entroido 2014

     

Distribuir contido


by Dr. Radut