A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o VII concurso de microtextos (curso 2014-2015). Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Bases do concurso:
-Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
-Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro.
-Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
- A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “cincocentas”.
- Os traballos deberán entregarllos aos integrantes do EDLG do centro, previa selección de dous textos por grupo. No texto presentado debe constar o nome e apelidos do/a participante, o curso, o centro, así como a categoría á que pertence.
- O prazo límite para entregar os textos será o martes, 18 de febreiro e cada centro escollerá dous finalistas por categoría e presentará os textos “corrixidos”.
A: Infantil
B. 1: 1º ciclo de primaria.
B. 2: 2º ciclo de primaria.
B. 3: 3º ciclo de primaria
C: Secundaria
D: Bacharelato.
E: Profesorado, persoal non docente e familias.
Premios: Cada centro outorgará os premios que considere oportunos aos seus finalistas. Un xurado designado pola coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos distintos centros concederá un premio comarcal por categoría . Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.
Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nas páxinas webs ou blogs dos centros educativos participantes, así como nas respectivas revistas escolares.