Skip to Content

Contacontos no CPI Aurelio Marcelino

Calendario 2014

Estreamos o ano co novo calendario do centro. Non esquezades botarlle unha ollada ás efemérides galegas que escollemos para cada mes.

 

 

 

Festival de Nadal 2013

O venres 20 a partir das 10:15 terá lugar no Salón de Actos do noso centro o Festival de Nadal, no que participará todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria. Este é o noso programa:

FOTOS   VIDEOS

Atención á diversidade

A principios de decembro tivemos a sorte de realizar no noso centro uns obradoiros relacionados co tratamento da Diversidade e a Discapacidade, co obxectivo de achegar ós rapaces de 2º,4º e 6º de primaria ó concepto de diversidade presentando esta como algo cotiá.
 
As persoas que impartiron o obradoiro foron Lara Arribas e Aloia Lema, psicólogas vinculadas profesionalmente á atención das persoas con diversidade funcional en diferentes áreas (vivenda, atención de día, emprego, promoción da autonomía...). Dende fai catro anos levan a cabo un programa para a promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade psíquica que desenvolve o Concello de Cuntis a través do Departamento de Servizos Sociais.
 
Para traballar  utilizaron sobre todo a guía "Diferentes. Guía ilustrada sobre la diversidad y la discapacidad"  editada  recentermente pola Fundación Adecco e OHL. Podedes descargalo en pdf.
 
A cada grupo presentáronlle diferentes tipos de discapacidades, nos 3 niveis trataron de abordar as físicas, psíquicas e sensoriais, presentándoas a través dunha personaxe protagonista con unha historia persoal propia e única, que facilitase a familiarización do alumnado coa discapacidade.
 
Tamén se empregaron nos diferentes obradoiros apoios audiovisuais para o traballo da lingua de signos (os medios de transporte, os animais e as froitas) así como un conto "El Cazo de Lorenzo" (para explicar a discapacidade de xeito metafórico) e unha curtametraxe "El viaje de María" (que nos achega ás persoas con autismo).
 
Dende aquí agradecer a este colectivo a súa colaboración.
 
Esperamos repetir experiencia o vindeiro curso. enlace fotos

Videoconferencias do IV Día da Ciencia en Galego

O pasado 12 de novembro soubemos un pouco máis de ciencia. O noso centro participou nas videoconferencias do IV Día da Ciencia en Galego organizado pola Coordinadora Galega de ENDL. O 3º ciclo de primaria e o 1º ciclo de secundaria asistiu á charla “Benqueridos insectos” da escritora e catedrática de Ciencias Naturais Marilar Aleixandre. O alumnado do 2º ciclo de ESO fixo o mesmo coa conferencia “Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol” do doutor en Física Jorge Mira Pérez. Todos mostrastes interese polos distintos temas e o número de preguntas formuladas foi considerable.

Desde aquí podedes acceder de novo a elas:

 
Benqueridos insectos (Marilar Aleixandre)   Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol (Jorge Mira)

 Marilar Aleixandre colgou na rede para todos vós a presentación que empregou para apoiar a súa conferencia

 

A LOMCE RESTA AINDA MÁIS GALEGO

Magosto no CPI

O venres 8 de novembro celebraremos o MAGOSTO con XOGOS TRADICIONAIS, OBRADOIROS, TEATRO e coma non DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS.

FOTOS

Outono e Samaín

Entre todos ambientamos o noso centro con motivos outonais e de Samaín.

Na área de plástica o alumnado de Educación Primaria realizou un mural conxunto inspirado no Outono que se pode ver dende hai unhas semanas no andar principal do noso centro.

As familias do alumnado de Educación Infantil animouse a decorar, xunto cos seus fillos/as unhas cabazas.

Aquí tedes unha mostra do chulo que quedou. 

 

Lendas polo Samaín

  

Ó longo do mes de outubro fómonos preparando para o Samaín e o alumnado de 1º e 2º de ESO fixo un traballo de recollida de toda unha serie de lendas do seu entorno relacionadas coa Santa Compaña e outra temática de medo. O pasado mécores 30 un grupo destes alumnos/as dramatizounas diante dos nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

O alumndo de 5º e algúns de 6º fixeron o mesmo pero foron interpretándo as lendas polas clases de Educación Infantil.

Pasámolo de medo...!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut