Skip to Content

Atención á diversidade

A principios de decembro tivemos a sorte de realizar no noso centro uns obradoiros relacionados co tratamento da Diversidade e a Discapacidade, co obxectivo de achegar ós rapaces de 2º,4º e 6º de primaria ó concepto de diversidade presentando esta como algo cotiá.
 
As persoas que impartiron o obradoiro foron Lara Arribas e Aloia Lema, psicólogas vinculadas profesionalmente á atención das persoas con diversidade funcional en diferentes áreas (vivenda, atención de día, emprego, promoción da autonomía...). Dende fai catro anos levan a cabo un programa para a promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade psíquica que desenvolve o Concello de Cuntis a través do Departamento de Servizos Sociais.
 
Para traballar  utilizaron sobre todo a guía "Diferentes. Guía ilustrada sobre la diversidad y la discapacidad"  editada  recentermente pola Fundación Adecco e OHL. Podedes descargalo en pdf.
 
A cada grupo presentáronlle diferentes tipos de discapacidades, nos 3 niveis trataron de abordar as físicas, psíquicas e sensoriais, presentándoas a través dunha personaxe protagonista con unha historia persoal propia e única, que facilitase a familiarización do alumnado coa discapacidade.
 
Tamén se empregaron nos diferentes obradoiros apoios audiovisuais para o traballo da lingua de signos (os medios de transporte, os animais e as froitas) así como un conto "El Cazo de Lorenzo" (para explicar a discapacidade de xeito metafórico) e unha curtametraxe "El viaje de María" (que nos achega ás persoas con autismo).
 
Dende aquí agradecer a este colectivo a súa colaboración.
 
Esperamos repetir experiencia o vindeiro curso. enlace fotos
AdxuntoTamaño
Tríptico informativo do Programa Habilitas v1.pdf666.94 KB


portada | by Dr. Radut