Skip to Content

Certame poético Carme de Xinzal

O martes 17, no salón de actos do CPI Aurelio Marcelino,  fíxose entrega dos premios do certame poético Carme de Xinzal organizado pola asociación cultural O Fervedoiro. O cantautor cuntiense Manoele de Felisa amenizou o acto.

O fallo foi o seguinte:

3) Pola defensa directa da liberdade de expresión e a liberdade de ensino, así como pola clara crítica ao elemento censor; cumprindo todas as bases, resulta galardoado co 3º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal o autor da composición Censura, asinada polo Rapaz do Quinteiro; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Abraham Argibay González, alumno de 2º da ESO.

2) Pola forza transmitida e o xogo de imaxes, polos recursos estilísticos (paralelismos, metáforas,…) e incluso polo ritmo que xeran os seus versos; cumprindo todas as bases resulta galardoada co 2º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora do poema Ninguén, asinado por Vento que sopra do norte; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Laura Lobato, alumna de 3º da ESO.

1) Polas metáforas, pola gran forza visual que transmite, polo xogo que se xera ao comparar a liberdade de expresión cun merlo que pode ser apresado nunha gaiola, e incluso polo suspense e intriga coa que nos deixa de non facemos uso –nós, os seres humanos– dos dereitos que nos son propios; e cumprindo todas as bases resulta galardoada co 1º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora da composición Branco, asinada por Eire; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Regina Touceda Rey, alumna de 3º da ESO.

 

 

           

AdxuntoTamaño
veredicto.pdf3.03 MB


portada | by Dr. Radut