Skip to Content

Información para a comunidade educativa


Estimadas familias:

 

Como saben, no marco do Plan de Mellora que estamos a desenvolver no centro, durante o mes de maio pedímoslles ás familias, ao alumnado e ao profesorado que cubrise unha enquisa.

A participación por cada un dos seguintes sectores foi a seguinte:

 

Familias

75 %

Alumnado

100 % (de 3º EP a 4º ESO)

Profesorado

73 %


Como poden comprobar, o nivel de participación foi importante, o que permite tirar uns resultados globais que nos axudan a ver a situación actual do centro, que en termos xerais é positiva. E naqueles casos onde non é tanto, axudarános a mellorar.

Tamén foron numerosas as achegas e suxestións que nos fixeron chegar. Despois de sintetizalas e analizalas desde o centro fixémoslles unha serie de propostas.

 

Unha vez que temos editado todo este material convidámosvos a velo no taboleiro dirixido ás familias na entrada do centro ou na web do centro:

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiaureliomarcelino/

 

Esperamos que esta radiografía realizada ao centro sirva para implementar a partir do vindeiro curso todas as melloras que dela se derivan. Sabemos que todas as propostas de mellora serán efectivas co compromiso de toda a comunidade educativa.

 

Unha vez máis queremos agradecerlles a súa colaboración e dicirlles que estamos ao seu dispor para calquera dúbida, aclaración ou suxestión que desexen facernos chegar.

 

Reciban un cordial saúdo.

 

 

 

O equipo Directivo Cuntis, 17 de xuño de 2014

 

 

Asunto: Resultados das Enquisas, síntese das suxestións e propostas do centro.

 

Lugar: Están situadas no taboleiro dirixido ás familias na entrada do centro e tamén se poden ver na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiaureliomarcelino/

AdxuntoTamaño
Comunicado_enquisas.pdf96.22 KB


page | by Dr. Radut