VISITA DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Esta mañá visitou as obras realizadas no centro (reparación do patio e dos paseos de acceso ao centro) con orzamento da Deputación Pontevedra a súa presidenta Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Cuntis, a Concelleira de Servizos socias e a presidenta da Anpa Obaño. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle a realización de outras obras necesarias para o colexio.
Así mesmo, a presidenta da Deputación de Pontevedra quixo parabenizar persoalmente ao alumnado e ao profesorado polo PRIMEIRO PREMIO DE Telearqueoloxía que organiza a institución que preside a través do Museo de Pontevedra.