ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Ven, 11/10/2024 - 09:00Convocatoria ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
O sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral,celebrarase o día 18 de outubro de 2024, ás 11:10 horas, no despacho da dirección do centro.
Art. 30 do Decreto 92/1988 (conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos).
Os censos electorais e a relación de persoas candidatas de cada sector da comunidade educativa ao Consello Escolar atópanse publicadas nos respectivos taboleiros de anuncios.
O prazo de reclamacións á proclamación de candidaturas será os días 12 e 13 de novembro de 2024.
HORARIOS 11 DE SETEMBRO
Enviado por admin o Lun, 09/09/2024 - 13:17ENTRADA
9:30- 5º e 6º EP e alumnado ESO
9:40- 3º e 4º EP
9:50- 1º e 2º EP
10:00- 5º e 6º EI
O alumnado que faga uso do transporte, entrará ás aulas no momento de chegada dos buses, independentemente do curso ao que pertenza.
Os titores e as titoras de EI e EP irán recoller ao alumnado á porta principal.
Só este día estará modificado o horario de entrada. O horario ordinario do curso está detallado na circular que se entregará ao alumnado.
SAÍDA
14:15- Todo o alumnado de EI.
14:25- 1º e 2º de EP.
14.30- 3º, 4º, 5º. E 6º EP.
14:50- Alumnado de ESO.
15:20- Alumnado de EI, EP e ESO usuario de comedor.
¤
As familias do alumnado de infantil poderán achegarse ata as portas do edificio de primaria para a recollida dos seu fillos. Prégase desaloxen o recinto con prontitude para non entorpecer a saída do alumnado de primaria.
¤
As familias do alumnado de primaria recollerán aos seus fillos no portalón principal como viña sendo habitual os cursos pasados (agás casos excepcionais).
¤
O alumnado de infantil, usuario de comedor, será recollido na porta do edificio de primaria ás 15.20.
¤
O alumnado de primaria, usuario de comedor, sairá pola pista.
REUNIÓNS INFORMATIVAS COMEZO DE CURSO
Enviado por admin o Mér, 04/09/2024 - 08:46REUNIÓNS INFORMATIVAS
4º EDUCACIÓN INFANTIL: 6 DE SETEMBRO, ÁS 11:OOH
NO EDIFICIO DE SECUNDARIA
1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 10 DE SETEMBRO, ÁS 10:3OH
NO EDIFICIO DE SECUNDARIA
6º EDUCACIÓN INFANTIL: 16 DE SETEMBRO, ÁS 16:3OH
NAS AULAS DE INFANTIL
5º EDUCACIÓN INFANTIL: 16 DE SETEMBRO, ÁS 17:3OH
NAS AULAS DE INFANTIL
ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2024/2025
Enviado por admin o Lun, 02/09/2024 - 12:32
Está publicada, no taboleiro de anuncios do centro, a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO NO COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2024/2025.
Contra esta resolución se poderá presentar recurso de alzada ante o departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes, contado a partir do día da resolución, a través da Sede Electrónica.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
Enviado por admin o Xov, 04/07/2024 - 10:54Unha vez resoltas as reclamacións ás listaxes provisionais, está xa publicada a listaxe definitiva de Fondo Libros nos taboleiros interiores do centro, cos libros adxudicados a cada alumno/a.
Os vales de libros e material poden retirarse na oficina administrativa a partir de hoxe e ata o día 19 de xullo, ou a partir do 2 de setembro de 9.30 a 13.30. Só poden ser retirados os vales pola persoa solicitante, debidamente identificada, ou por outra persoa autorizada por escrito pola persoa solicitante.
No taboleiro interior do centro están publicadas as listaxes de solicitudes excluídas das axudas.
O día 10 de xullo publicarase a resolución provisional (prazo de reclamacións: 11 e 12 de xullo).
O día 17 de xullo publicarase a listaxe definitiva.
NON SE PODEN SACAR FOTOGRAFÍAS DAS LISTAXES.
LIBROS DE TEXTO. CPI AS MIRANDAS. CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 26/06/2024 - 10:15SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 26/06/2024 - 09:05Con data 4 de xullo a Consellería publicou unha corrección de erros que varía cómputo dos membros da unidade familiar no caso de familias formadas por parellas de feito e nos casos de separación e divorcio con custodia compartida, o que pode afectar á autobaremación para o abono das taxas dalgunha solicitude xa presentada. De ser o caso, por favor pasen pola oficina administrativa (horario de 9.30 a 13.30).
Do día 1 ao 10 de xullo estará aberto o prazo de solicitude de transporte escolar e comedor.
As listaxes provisionais do alumnado admitido publicaranse dentro das dependencias do centro escolar a principios de setembro.
QUÉROTE+
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 12:39
O noso centro participou este curso 2023-2024 no Plan Proxecta Quérote + onde o profesorado de diferentes materias de 3º da ESO coa axuda dos materiais que nos facilitaron dende o programa traballaron na aula diferentes contidos sobre educación afectivo-sexual, tratando de aportar información para que o noso alumnado teña relacións saudables.
O alumnado participou amosando gran interese pola temática, se ben é verdade que todos coinciden en que chegamos un pouco tarde e era mellor ter ofrecido esta información en cursos previos, en 2º ou incluso en 1º da ESO.
Como proxecto final fixeron un pequeño vídeo para o alumnado do curso inferior: https://youtu.be/_C59fs9-0Bg?si=Nx5NhdwV7c6XEjyH
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL.
Enviado por admin o Xov, 30/05/2024 - 07:57-PRAZO PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (incluído).
-Dirixido a alumnado matriculado en Educación Primaria (EP), Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Educación Especial (EE).
-A solicitude será única para todos os fillos admitidos no centro, especificando o nivel de estudos.
-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Formulario ED330B-anexos I e II na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro (horario de atención ao público: 9.30-13.30).
-As axudas serán as seguintes:
·
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (en préstamo ao alumnado de 3º e 4º de EP, 1º, 2º, 3º e 4º de ESO)
o
Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € : Seis libros de texto.
o
Renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €: Catro libros de texto.
o
De haber existencias nos fondos dispoñibles de 3º e 4º de EP e 3º e 4º de ESO asignaranse por orde inversa á renda da unidade familiar ata esgotar existencias.
·
AXUDAS PARA COMPRA DE LIBROS para 1º e 2º de EP e EE.
o
Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € : 240 €
o
Renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €: 160 €
o
Alumnado matriculado en EE en centros específicos ou con discapacidade do 65%: 300 €.
o
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (compra específica de libros de texto) : Ver orde.
·
AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de E.P., E.S.O., E.E.
o
Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € : 75 €
o
Renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €: 60 €
-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2022.
-DOCUMENTACIÓN A APORTAR reflectindo a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022 (agás en caso de separación, divorcio, falecemento ou casos de violencia de xénero posterior):
·
ANEXO II
·
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
·
En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
·
Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
·
Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.
-Todas as listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios no interior do recinto escolar.
-PRAZOS A TER EN CONTA:
-25 xuño: publicación relación de solicitudes con indicación de deficiencias detectadas (prazo de 10 días hábiles para emendar as deficiencias).
-10 xullo: publicación da resolución, listaxes provisionais (prazo de 2 días hábiles de reclamación).
-17 xullo: publicación das listaxes definitivas.
-18 e 19 de xullo: entrega de vales.
-Setembro: entrega de vales dende o día 2 e dos libros de fondo libros unha vez iniciadas as clases.