FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL.

-PRAZO PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (incluído).

-Dirixido a alumnado matriculado en Educación Primaria (EP), Educación Secundaria  Obrigatoria (ESO)  e Educación Especial (EE).

-A solicitude será única para todos os fillos admitidos no centro, especificando o nivel de estudos.

-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Formulario ED330B-anexos I e II na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro (horario de atención ao público: 9.30-13.30).

-As axudas serán as seguintes:

·        

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  (en préstamo ao alumnado de 3º e 4º de EP, 1º, 2º, 3º e 4º de ESO)

o  

Renda  per cápita igual ou inferior a 6.000 € : Seis libros de texto.

o  

Renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €: Catro libros de texto.

o  

De haber existencias nos fondos dispoñibles de 3º e 4º de  EP e 3º e 4º de ESO asignaranse por orde inversa á renda da unidade familiar ata esgotar existencias.

·        

AXUDAS PARA COMPRA DE LIBROS para 1º e 2º de EP e EE.

o  

Renda  per cápita igual ou  inferior a 6.000 € : 240 €

o  

Renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €: 160 €

o  

Alumnado matriculado en EE en centros específicos ou con discapacidade do 65%: 300 €.

o  

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (compra específica de libros de texto) : Ver orde.

·        

AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de E.P., E.S.O., E.E.

o  

Renda  per cápita igual ou inferior a 6.000 € : 75 €

o  

Renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €: 60 €

-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2022.

-DOCUMENTACIÓN A APORTAR reflectindo a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022 (agás en caso de separación, divorcio, falecemento ou casos de violencia de xénero posterior):

·        

ANEXO II

·        

Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.

·        

En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.

·        

Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.

·        

Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.

 

-Todas as listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios no interior do recinto escolar.

-PRAZOS A TER EN CONTA:

-25 xuño: publicación relación de solicitudes con indicación de deficiencias detectadas (prazo de 10 días hábiles para emendar as deficiencias).

-10 xullo: publicación da resolución, listaxes provisionais (prazo de 2 días hábiles de reclamación).

-17 xullo: publicación das listaxes definitivas.

-18 e 19 de xullo: entrega de vales.

-Setembro: entrega de vales dende o día 2 e dos libros de fondo libros unha vez iniciadas as clases.