SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024-2025

Con data 4 de xullo a Consellería publicou unha corrección de erros que varía cómputo dos membros da unidade familiar no caso de familias formadas por parellas de feito e nos casos de separación e divorcio con custodia compartida, o que pode afectar á autobaremación para o abono das taxas dalgunha solicitude xa presentada. De ser o caso, por favor pasen pola oficina administrativa (horario de 9.30 a 13.30). 

Do día 1 ao 10 de xullo estará aberto o prazo de solicitude de transporte escolar e comedor.

As listaxes provisionais do alumnado admitido publicaranse dentro das dependencias do centro escolar a principios de setembro. 

 

DESCARGAR IMPRESO SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR