CRIBADO COVID-19 AO ESTUDIANTADO DE SECUNDARIA COA COLABORACIÓN DAS FARMACIAS

A Consellería de educación vén de comunicar que o vindeiro luns 19 de abril comezará un programa para a detección de SARS-COV-2 con mostra de saliva en poboación asíntomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia.

Acudindo á súa farmacia de referencia informaranlles sobre o procedemento de toma de mostra e proporcionaranlle o tubo de recollida.

ENQUISA DE DIAGNOSE DE CONVIVENCIA 2021

ELECCIONES AL CONSEJOR ESCOLAR – Colegio María Inmaculada

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar.

No senso de seguir traballando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permite analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental.

No día de hoxe todo o alumnado levou a casa un escrito no que se facilita unha clave para poder realizar a enquisa.

Clicando na seguinte ligazón e introducindo a clave que vos chegou polos rapaces poderedes contestala. https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2021/22

ESTADO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2021/22

  • ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas

  • ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas polo que se fai necesario lanzar o proceso de baremación.

- Prazo de presentación de documentación para xustificar os criterios alegados do 25 de marzo ao 9 de abril.

Para máis información:  881866778

PREMIADOS NA 21ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO DA CAMELIA. CONCELLO DE VEDRA

Dúas alumnas do noso centro resultaron premiadas na 21ª edición do concurso de debuxo infantil da camelia que organiza o Concello de Vedra.

Parabéns rapazas!!!

1º PREMIO CATEGORÍA A :

LOLA PUENTE IGLESIAS - 4 ANOS

3º PREMIO CATEGORÍA A:

SARA ROSENDE BORRAGUEROS - 3 ANOS

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

Ábrese o prazo para a admisión do alumnado de novo ingreso ou aquel que se cambie de centro para o curso 2021/22.

OFERTA DE PRAZAS

Documentación necesaria:  Anexo II cuberto (estará dispoñible proximamente nesta páxina web, na páxina admisión alumnado e na secretaría do centro) e documento acreditativo da idade do menor (libro de familia ou DNI).

Prazo: do 1 ao 22 de marzo

Lugar de presentación: Na secretaría do noso centro ou a través da aplicación admisionalumnado (necesario certificado dixital ou chave 365)

ÁREA DE INFLUENCIA DO NOSO CENTRO (se pertences a algunha destas parroquias, correspóndeche o noso centro).

Parroquia de Loureda

Parroquia de Vigo

Parroquia de Lamas

Parroquia de Gastrar

Parroquia de Boqueixón

Parroquia de A Granxa

Parroquia de Codeso

Parroquia de Donas

Parroquia de Ledesma

Na parroquia de Sergude as seguintes zonas: Lugar de Deseiro, área de influencia da antiga escola da Susana e Rodiño Grande.

PROCEDEMENTO A SEGUIR ANTE A APARICIÓN DE SINTOMATOLOXÍA COMPATIBLE COA COVID

                   

PROCEDEMENTO A SEGUIR SINTOMATOLOXÍA COVID

Ante a detección de síntomas compatibles coa COVID (polo menos un dos relacionados no (Anexo I) o alumnado non acudirá ao centro e a súa familia contactará co centro de saúde e comunicarao ao centro escolar.

  • Teléfono de Primaria: 881866784
  • Teléfono de Secundaria:881866781

Se algunha persoa do núcleo familiar é SOSPEITOSA DE PADECER a COVID (á espera da proba), o alumnado que conviva con elas NON PODERÁ ACUDIR AO CENTRO ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo.

A familia comunicará o resultado ao centro educativo.

Teléfono:881866778

Ante calquera dúbida póñanse en contacto co seu centro médico de referencia.

HORARIO DE REPARTO DE MÁSCARAS

As familias beneficiarias das máscaras (aquelas que recibiron o vale de material escolar) xa poden pasar pola secretaría do centro a recollelas e a asinar a entrega

HORARIO DE REPARTO:

-De luns a venres de 09:15 a 10:15 e de 13:00 a 13:45.

No caso de non poder acudir nestas franxas horarias, rogamos concerten unha cita no teleféfono 881866778

                       

INICIATIVA ARCO

Este ano o noso centro participa no Programa Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO)

dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º ESO.

Esta acción vai encamiñada a mellorar o rendemento académico do alumnado.  A tal efecto foron nomeados dous profesores de reforzo (un para primaria e outro para secundaria) para dar apoio dentro da aula.

NOVAS CONDICIÓNS ECONÓMICAS PARA OS/AS COLABORADORES/AS DO COMEDOR ESCOLAR

Modifícanse as contías das compensacións económicas a percibir polos pais/nais/titores legais que realicen tarefas de atención e vixiancia dos menores usuarios do comedor escolar.

Lembramos que está aberto o prazo para solicitar colaborar no comedor escolar.  Aqueles nais/pais, que o desexen poden presentar a solicitude na secretaría do centro

CONECTIVIDADE E RECURSOS DO ALUMNADO NA CASA

Tagged:  

Ante a situación de incerteza que estamos a vivir coa pandemia do Covid-19 e ante a posibilidade de que durante un tempo parte ou a totalidade do alumnado non poida asistir ao centro educativo debido a un posible confinamento, rogamos cubrades o formulario que aparece na seguinte ligazón co fin de coñecer a dispoñibilidade das familias en canto a medios informáticos e conectividade a internet.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

https://forms.gle/fABPZqZLNztfHHGi8

INSTRUCIÓNS INICIO DE CURSO 2020/21

Estimados Pais/nais:

Ante a situación tan difícil que nos toca afrontar, o  centro, atendendo ao protocolo publicado pola Consellería de Educación, puxo tódolos medios para adaptarse á nova situación co obxectivo de que a permanencia no centro educativo sexa segura. Non obstante, debemos poñer todos da nosa parte para protexernos e protexer aos demais. "SE TE COIDAS TI COIDÁMONOS TODOS"

Rogamos que lean atentamente os anexos que adxuntamos

MOI IMPORTANTE

1.- No caso de que se detectase sintomatoloxía da infección SARS-CoV-2 (utilizar a enquisa clínico-epidemiolóxica que se describre no ANEXO I do protocolo que adxuntamos) O ALUMNO/A NON ACUDIRÁ AO CENTRO e a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde e avisará ao centro escolar.

2.- Cómpre presentar no centro escolar a declaración responsable que poden atopar nos arquivos adxuntos.

3.- É OBRIGATORIO O USO DA MÁSCARA A PARTIR DOS 6 ANOS durante toda a xornada lectiva, incluído o transporte. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo o comedor.

4.- As familias que traian ou recollan aos seus fillos no centro escolar deben permanecer fóra do recinto escolar gardando a distancia de seguridade.

5.- O profesorado titor poñerase en contacto coas familias en canto lle sexa posible.

6.- Non haberá recepción de inicio de curso non salón de actos. O alumnado será recibido polo profesorado e de seguido incorporarase ás aulas.

TRANSPORTE ESCOLAR. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Seguindo as instrucións da Secretaría Xeral e da Dirección de centros, deben cumprimentar a autorización correspondente para a recollida e baixada dos alumnos nas paradas e remitila ao centro a través do correo electrónico ou presencialmente, na secretaría.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013