AVISO IMPORTANTE

O VENRES 26 DE XULLO PERMANECEREMOS PECHADOS POR PONTE

DESCULPADE AS MOLESTIAS

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Como todos os anos no noso centro celebramos unha carreira

solidaria, este ano as doazóns serán pola loita “Contra a leucemia

infantil” toda a recaudación irá destinada á investigación desta

enfermidade. Cada ano en España 350 nenos son diagnosticados de

leucemia, 1 de cada 5 non consegue sobrevivir, coa nosa participación

podemos axudar a lograr que o 100% se cure.

Este ano a recaudación foi de 676,50€

Queremos agradecer á Comunidade educativa a súa enorme participación 

Moitos grans de area xuntos fan unha montaña.

GRAN XORNADA DE FUTBOL GAÉLICO EN URDILDE

O 14 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nun

torneo intercentros de fútbol Gaélico enmarcado dentro do programa XOGADE

que tivo lugar no CEIP de Pumar en Urdilde

No torneo participaron o noso centro, o CPI Viaño pequeno, de Trazo e o CEIP

de Pumar en Urdilde 

Os rapaces e rapazas pasaron unha xornada de convivencia e competición na

que os postos acadados forón dous segundos postos e un tercer posto nas

diferentes categorías.

Noraboa rapaces e rapazas.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO

CONVOCATORIA Premios extraordinarios de Educacion Secundaria Castilla y  León. Curso 24-25 - STECyL-i

Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 ata o 8 de xullo. Pode presentarse o alumnado cunha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos.

Para máis información pincha na ligazón.

COMEDOR ESCOLAR 2024/25

Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, no curso 2024-2025.

Todo o alumnado usuario do comedor escolar deberá entregar o impreso de autodeclaración de prezos públicos de comedor antes do 1 de setembro (recoméndase facelo antes do 31 de xullo.)

            Impreso de autodeclaración 1

Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores de comedor ata o 8 de setembro

ANUNCIO APERTURA DE PRAZO

 

                                                   Impreso solicitude colaboración atención comedor escolar  

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25. EDUCACIÓN SECUNDARIA

Libros de texto curso 2023/2024 – IES Eladio Cabañero

Premede nos vínculos de cada un dos cursos para ter acceso á listaxe de libros de texto das materias que non están no programa e-dixgal para o curso 2024/25

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

CONCERTO DE FIN DE CURSO POLO DÍA EUROPEO DA MÚSICA

Este venres 21 de xuño celebraremos un Concerto de alumnos coincidindo co Día
Europeo da Música. O alumnado da ESO deleitaranos co seu bo facer musical a partir das 12h no Salón de Actos do centro. 
Estades convidados!

OBRADOIRO DE PANDEIRETA

O alumnado de 2º da ESO desfrutou dun obradoiro de pandeireta da man de Manuele Pardo, gran intérprete de música tradicional e antigo alumno do noso centro. De maneira moi amena nos ensinou ritmos variados e nos axudou a conectar coa nosa música.

Moitas grazas!

LETRAS GALEGAS 2024

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria fixemos unha selección das palabras máis fermosas do galego para nós.

https://drive.google.com/file/d/17pIq2FLv5qNIcmTQH_zYhA8WLU2xbFAd/view?usp=drive_link

FORMULARIOS DE MATRÍCULA

O prazo oficial de matrícula para o curso 2024/25, é do 20 de xuño ao 10 de xullo pero para axilizar o proceso rogamos que se respecten as datas propostas:

Do 20 ao 30 de xuño:  

  • EDUCACIÓN INFANTIL (so alumnado de novo ingreso): Deberán presentar

                   - Formulario de matrícula

                  - Documentación: Fotocopia tarxeta sanitara do menor.

                                             Dúas fotos tamaño carné.

                                             Informe médico no caso de alerxias alimentarias.

                                             Sentenza no caso de separación ou divorcio.

  • EDUCACIÓN PRIMARIA (so alumnado de novo ingreso): Deberán presentar

                   - Formulario matrícula

                  - Documentación: Fotocopia tarxeta sanitara do menor.

                                             Dúas fotos tamaño carné.

                                             Informe médico no caso de alerxias alimentarias.

                                             Sentenza no caso de separación ou divorcio.

  • EDUCACIÓN SECUNDARIA: Deberán presentar

Do 1 ao 5 de xullo:

                - 3º ESO: Formulario matrícula

                               Seguro escolar (1, 12. Pagarase na secretaría do centro)

                - 4º ESO:Formulario matrícula

                               Seguro escolar (1,12€. Pagarase na secretaría do centro)

Do 5 ao 10 de xullo:

                - 1º ESO:Formulario matrícula

                - 2º ESO:Formulario matrícula

Todo o alumnado deberá presentar a autorización de imaxe e a autorización de contorna.

DATAS IMPORTANTES A TER EN CONTA ESTE FINAL DE CURSO

DATA

ACTIVIDADE
Venres 14 de xuño   12.00h: Acto de graduación do alumnado de 6º de Infantil. 

Venres 21 de xuño

Último día lectivo

Último día para presentar a solicitude de participación no Fondo Solidario de libros de texto, de axuda para mercar libros e material escolar.

Martes 25 xuño


12.00h: Acto de graduación de 4º ESO.
Publicación das cualificacións en abalar

  • Secundaria: 15:00h
  • Primaria e Infantil: 18:00h

Entrega das certificacións académicas (4º ESO) ao rematar o acto de graduación.

Do 20 ao 30 de xuño

 Plazo de matrícula Educación primaria (só alumnado de nova incorporación)

Do 1 ao 10 de xullo

Plazo de matrícula Educación Secundaria.

Para axilizar o proceso, rogamos que o alumnado de 3º e 4º de ESO se matricule antes do 5 de xullo.

A partir do 10 de xullo  Entrega dos vales de libros (1º e 2º Educación Primaria) e de material a quen corresponda.
12 de xullo Publicación das listaxes provisionais de admitidos fondo de libros.
Ata o 15 de xullo Reclamacións ás listaxes provisionais.
18 de xullo Publicación das listaxes definitivas de admitidos do fondo de libros.

EXAMES NA ESO

Tagged:  

Preme en cada curso para ver as datas de exames:

        
         

* O calendario de exames actualízase na páxina web semanalmente.

CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Este ano o noso centro participou, como é costume dende hai varios anos, na X Carreira Camiño das Letras.

Nesta carreira o alumnado conseguiu o trofeo ao Centro educativo con máis participantes

Noraboa a todos eles e elas!!

CACHARRÓFONOS. 2º ESO

O alumnado de 2º da ESO sacou todas as súas habilidades creativas para realizar uns

fantásticos instrumentos musicais caseiros, cada cal máis orixinal. Pódese ver o

resultado nunha exposición situada na entrada do Edificio de Secundaria.

Pasádevos e desfrutádea!
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013