Skip to Content

Saídas

Saída Parque Náutico Castrelo de Miño

Hoxe as nenas e nenos de 5º de Primaria experimentaron diversas actividades acuáticas no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Paseo en veleiro, kayak, paddle surf, pedaletas e moitos chapuzóns. Unha mañá moi divertida da que viñemos encantados e agotados!!!

Premede na imaxe para ver máis.

Piragüismo Dragón

Onte as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar da actividade de Piragüismo Dragón no entorno do Club Náutico de Castrelo de Miño. Xornada organizada polo servizo de deportes e integrada no programa XOGADE.

Unha nova experiencia na que nos familiarizamos e iniciamos nos deportes de auga á vez que traballamos en equipo e nos divertimos.

Pinchade na imaxe para ver máis fotos.

 

Previa Campo a Través

O pasado xoves 15 de decembro algunhas rapazas e rapaces de 3º, 5º e de Primaria participaron na Fase Previa Escolar de Campo a Través que se desenvolveu en Ourense no Complexo Deportivo de Monterrei.

Unha xornada na que o que primaba era a participación, esforzo e convivencia, xa que á actividade asistiron outros catorce centros educativos da cidade.

Todos e todas as nosas deportistas demostraron ser uns campións tanto dentro coma fóra do circuito.

SAÍDA AUDITORIO 1º E 2º

O alumnado de 1º e 2º de Primaria desprazouse hoxe ata o Auditorio para asistir á representación "SÓ".

Este espectáculo, gañador do Premio do Público Festival Malabharía2020, 2º Premio Panomara Circada 2019, Premio Festival MadnCircus, Premio Zircozaurre, entre outros, fala da constancia no traballo a través dunha personaxe meticulosa, e cuadriculada rodeada de case 100 caixas que só en aparencia son iguais, e coas que vai dando forma aun mundo imaxinario.

Actividade ofertada por Afundación (ABANCA).

Aínda que a mañá estivo pasada por auga as nosas nenas e nenos non deixaron de disfrutar da xornada.

XOGANDO CO ATLETISMO

Hoxe as nenas e nenos de 4º foron á Expourense a disfrutar da actividade XOGANDO CO ATLETISMO, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da ADE As Burgas.

Pero non estiveron sós, tamén participaron os atletas dos colexios de A Ponte, Curros Enríquez, Divino Maestro, Guillelme Brown, Inmaculada, Irmáns Villar, Luis Vives, Manuel Sueiro, O Couto, San Pío X, Santo Ángel, Seixalbo e Virxe de Covadonga.

Unha xornada de convivencia, experimentación, esforzo e diversión, onde practicaron carreiras de relevos, lanzamentos, salto horizontal, salto lateral, carreira de obstáculos, etc

PREME NESTA ÚLTIMA

 

EXCURSIÓN LODOSELO 1º E 2º DE PRIMARIA

E ao fin chegaron as desexadas saídas...ben merecidas cas tiñamos!!

Hoxe foron as rapazas e os rapaces de 1º e 2º os que marcharon a Lodoselo: fixeron pan, plantaron unha árbore, pasearon en carro, coidaron animais, visitaron o xardín dos sentidos, contacontos....

ACTIVIDADES NO RÍO LONIA

Actividade "Gústame o meu río: ensíname a coidalo"

Promovida pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS)

Alumn@s e mestres desprazámonos ata o río para participar nunha clase medioambiental totalmente práctica: Convertémonos en investigadores e investigadoras arredor de 4 mesas de traballo colocadas á beira do río Loña, nas que repasamos o ciclo da auga, a fotosíntese e a evapotranspiración de xeito práctico. Medimos os niveis de PH, Temperatura, Turbiedade e de osíxeno da auga. E recoñecemos pegadas da fauna e macroinvertebrados presentes na auga e nas proximidades.

Estas actividades promoven o contacto co entorno natural e fomentan actitudes respectuosas co medio ambiente e en especial coa auga e cos ecosistemas fluviais.

actividade gústame o río

río Loña

- MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES

 

As maiores e os maiores do cole marcharon de excursión a Manzaneda.

Disfrutaron do parque de aventura, practicaron tiro con arco, construíron  vivacs, xogaron e pasaron unha xornada de convivencia das que xa fai tempo que non nos deixaban ter.

Pena que a climatoloxía non acompañara, pero mereceu a pena.

As nenas e nenos de 2º marcharon de excursión a Lodoselo e aproveitaron moi ben a xornada.

Fixeron pan, contáronlles un conto e plantaron un pradairo (arce galego), pasearon no burro Fariñeiro, colleron ovos de pitas de diferentes partes do mundo, déronlle de comer ás ovellas autóctonas e aos coellos, estiveron nun xardín sensorial con diversas texturas e materiais, rodeados de cultivos da horta, xogaron, cantaron e pasárono xenial con todos os seus compañeiros.

A tormenta deixoulles disfrutar da estupenda saída. Un premio ben merecido polo esforzo realizado durante todo este ano tan atípico.

Visita das nenas e nenos de 5º de Primaria ao Club Náutico de Castrelo de Miño.

Mañá chea de actividades: kayak, pedaletas, paddle surf e moitos chapuzóns!

Distribuir contido


by Dr. Radut