Skip to Content

Saídas

Saída das nenas e nenos de 6º ao Pavillón dos Remedios para iniciarse na modalidade de escalada. Actividade coordinada a través do programa Xogade e Deporte Escolar de Ourense.

Xornada moi entretida na que todas e todos puidemos experimetar esta práctica deportiva, cada un ao seu nivel e ata onde o vértigo o permitía.

Grazas por esa magnífica organización, material e monitores pertencentertes a ASESOU ( Asociación de Escaladores Ourensáns).                                                   

 

 
O pasado xoves 13 de xuño foi un día especial para todo o alumnado de 3º e 4º. Tivemos a sorte de facer unha visita guiada á Illa de San Simón. Fixemos unha viaxe en barco pola ría de Vigo, coa ponte de Rande de fondo; coñecimos toda a historia que agocha o illote e incluso tivemos que atopar un tesouro agochado (que finalmente tiña forma de moeda e sabor a chocolate); e xa de volta, para comer, visitamos a Praia do Vao en Vigo, onde probamos a auga e xogamos na area.

Leonardo da Vinci, os rostros do xenio no Pazo das Alfaias en Madrid

Exposición conmemorativa do V centenario do seu falecemento.

De visita cultural:  O martes, día 14 de maio, os rapaces e rapazas de 6º, tiñamos unha cita con Leonardo; unha oportunidade para coñecer ao pintor, escultor, inventor, en definitiva, un home adiantado ao seu tempo.

A parte das súas obras máis coñecidas como son  os cadros de A Adoración dos Magos, Mona Lisa, A Última Cea..., ou O Home de Vitruvio, un estudo sobre a proporción humana;  sorprendéronnos os seus cadernos, cheos de investigacións sobre mecánica, anatomía (debuxos que semellan radiografías do corpo humano), enxeñería militar, topografía, hidráulica...

As páxinas están escritas de dereita a esquerda e en espello "escritura especular",  cheas de debuxos e notas  nas que se aprecia o seu esforzo por entender o funcionamento da natureza e do corpo humano.

Tamén ideou unha serie de inventos como máquinas voadoras (o ornitóptero), o paracaídas, o primeiro traxe de buzo, a hélice, un tambor mecánico... 

No noso percorrido polas distintas salas, atopámonos con Christian Gálvez, comisario da exposición e membro do Leonardo DNA Project como experto mundial na figura de Leonardo da Vinci

Esta actividade pecha o proxecto Viaxamos a Italia, desenvolvido dende a biblioteca do centro durante o 1º trimestre.

Actividade interdisciplinar Lingua Inglesa, música, plástica e robótica

Todo comenzou con Greta Thunberg, a moza sueca de 16 años, símbolo das protestas polo clima. "Non deberiamos ter que faltar a clase por loitar contra o cambio climático"

O xoves, 11 de abril, acudimos á chamada do CEIP O Couto, para unirnos a unha manifestación pola defensa do planeta e contra o cambio climático.

Na Praza Maior compartimos os nosos cantos e peticións cos colexios de O Couto, Irmáns Villar, Curros Enríquez, As Mercedes e Mestre Vide.  Uns 500 rapaces e rapazas coas súas pancartas en prol dun desenvolvemento sostible e sobre todo cantando coa ilusión de axudar a reverter a situación do planeta.

ExpokNewsQUE PODEMOS FACER NÓS PARA PREVIR OU REVERTER O CAMBIO CLIMÁTICO?

Moitos slogans, escritos en galego e inglés, con boas prácticas para conseguir un desenvolvemento sostible. Todas e todos podemos:

Reducir a cantidade de lixo, reusar e reciclar.

Evitar o uso de bolsas de plástico e produtos sobreenvasados.

Usar a bici e camiñar máis.

Consumir produtos locais e de tempada...

 

 Todo comeza cunha canción: “CANTA POLO CLIMA” coa música de "Bella ciao"  manifestamos a nosa preocupación polo quentamento global e polo destino do planeta.

Sing for the Climate from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Outras das actividades foi a gravación deste podcast que trata sobre medio ambiente e cambio climático

Face 2 Face Theatre Co.

O martes, o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir á representación en inglés de Tarzán, no auditorio da nosa cidade.
Foi un espectáculo moi divertido, no que rimos, cantamos e bailamos; ou, mellor dito: we laughed, sang and danced all the time!

No auditorio

Teatro de actor. Face 2 Face Theatre Co. Actividade ofertada por A Fundación Obra Social ABANCA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut