PINBALL DO COLE DO FUTURO
Estamos moi felices porque o noso proxecto do Cole do Futuro resultou gañador no
Concurso O SuperReto DigiCraft.
O alumnado de 6º realizou esta divertida e tecnolóxica aventura con gran entusiamo: deseñaron e crearon, con materiais de reciclaxe, un PINBALL interactivo con diferentes PINs que mostraban as propostas para o cole do futuro. Logo programaron en Scratch e coa Placa Makey Makey o xogo.
Estas son as ideas e propostas que queren no cole do futuro:
1 Un centro autosuficiente enerxéticamente
2 Dispoñer de gafas de Realidade Virtual e hologramas para poder comprender conceptos, viaxar ao espazo, mergullarse polo mar, ver museos...
3 Empregar a robótica, a maquetación, o deseño e a impresión en 3D para prepararnos para as profesións do futuro
4 Dispor de equipos informáticos eficientes e cunha boa conectividade nas aulas.
5 Un cole no que poder divertirse e compartir xogos.
No Pinball tamén incluímos 2 códigos QR: Que se priorice a experimentación sobre a instrución e a memorización e, que se poña en valor a nosa lingua, cultura e tradicións.
Neste vídeo mostramos todo o proceso
Entrega de premios SuperReto Digicraft 2021 - A partir do minuto 48