OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE RECICLAXE
O primeiro reto para o alumnado de 5º de EP era construír un instrumento musical con diferentes materiais de refugallo. Logo tiñan que formar un grupo, preparar unha canción e gravala. Escollemos poemas de Rosalía como fío condutor das interpretacións.
.
Instrumentos de vento e corda
Instrumentos de percusión
MUSICANDO POEMAS DE ROSALÍA
Non hai mellor xeito de celebrar que cantando. O alumnado de 5º e 6º versiona poemas de Rosalía dun xeito moi creativo. Queres escoitalos? Estes son os poemas e as músicas empregadas:
Lugar máis fermoso: Doraemon
Alborada e Adiós ríos e adiós fontes: Bases de Rap
Nacín cando as plantas nacen: Lola Índigo (Casanova)
Musicando poemas de Rosalía de Castro de salial