REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020- 2021

Novos prazos:

O período de admisión de novo alumnado reactívase do 11 de maio ata o 18 de maio, ambos inclusive. As solicitudes poderanse presentar de xeito telemático en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/e de xeito presencial na secretaría do centro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Será preciso solicitar cita previa chamando ao centro (881930341) ou a través do correo electrónico ceip.union.mugardesa@edu.xunta.gal

  • Débese cubrir a solicitude e entregar, xunto con ela, unha fotocopia do libro de familia ou do DNI do/da neno/a.
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio.
  • A publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido será antes do 9 de xuño.
  • Reclamacións ás listaxes provisionais: do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 12h na secretaría do colexio.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula na secretaría: do 1 ao 10 de xullo.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abre exclusivamente, co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, continuade utilizando o teléfono 881930341 ou o correo electrónico: ceip.union.mugardesa@edu.xunta.gal

 

MAIOS DE REFUGALLO

Premede no seguinte enlace para ver a presentación dos vosos maios 

MAIOS DE REFUGALLO

TABLETS A DISPOSICIÓN DO ALUMNADO

Dende o centro queremos agradecer a doazón de 11 tablets por parte de Reganosa.

Ditos recursos quedan á disposición das familias que as precisen, en réxime de préstamo, durante a situación excepcional ocasionada polo covid-19. Unha vez superada dita situación, utilizaránse coma un recurso para activdades que se poidan desenvolver nas diferentes aulas.

Para solicitalas, podédelo facer a través de chamada telefónica ao 881930341, de 10.00 a 13:00 horas, ou a través do correo electrónico ceip.union.mugardesa@edu.xunta.gal

O CADERNO VERDE

Dende Sogama, están a traballar moi duro durante este confinamento que estamos a vivir.

 

Primeiro, para recoller a gran cantidade de lixo que xeramos diariamente en Galicia, e así manter os nosas aldeas e pobos limpos. Tal e como vimos nos medios de comunicación, dende o 15 de marzo, os residuos aumentaron nun 9,5%. Podedes consultar a información completa na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/04/06/confinamiento-dispara-basura-genera-trata-sogama/0003_202004C6C1992.htm

 

Pero a pesar de ter tanto traballo, os encargados da parte educativa desta empresa, non se esqueceron dos rapaces e rapazas que están a traballar a reciclaxe nos seus colexios, como é o caso dos nenos e nenas da Unión Mugardesa. Por iso, elaboraron novas edicións dos Cadernos Verdes. Preguntarédesvos, que é iso? Pois ben, son un conxunto de actividades moi divertidas que queren xunguir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade.

 

Se queredes pasar un bo anaco con estas actividades podedes acceder a través da seguinte ligazón:

http://www.cadernoverde.gal/

 

Agardamos que vos gusten tanto como a nós!

XOGAMOS!

Na clase de Educación Física, estivemos a traballar os xogos populares dunha forma moi especial.

Primeiro, coa colaboración das mestras de Art, Ana e Rosa, preparamos os materiais. Para iso, seleccionamos todo que precisabamos para a súa elaboración: botellas de plástico, caixas, chapas, folios, pinturas, pinceis...

Despois os nenos e nenas dos diferentes cursos de educación primaria, foron elaborando os birlos, a ra... entre outros xogos populares para despois poñelos en práctica nas sesións de Educación Física coa profe María.

Con esta actividade traballamos contidos de Art e de Educación Física, así como tamén contribuímos a reutilización de materiais de refugallo dándolles unha segunda utilidade.

Esta forma de traballar resultounos moi divertida e motivadora, dado que cunha mesma actividade aprendemos moitas cousas novas!

 

AULA VIRTUAL

 Estimadas familias;

A partir do luns 20 de abril, as tarefas publicaranse na aula virtual. Abaixo tedes un enlace con instrucións para acceder á mesma.

Tódalas familias que non teñan a posibilidade de imprimir as tarefas que requiran de impresión, poderán solicitalo a través do correo electrónico do centro ceip.union.mugardesa@edu.xunta.es ou  do teléfono 881930341 de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas. Posteriormente, a través de persoal do Concello, farase entrega das mesmas no domicilio.

Un saúdo.

 

 

A dirección.

 

Premede no seguinte enlace para obter información.

COMO ACCEDER Á AULA VIRTUAL?

UNHA COMPOSICIÓN MOI ESPECIAL!!

Os nen@s de 6°tiñan a proposta de compoñer unha estrofa para Un Reguea e tamén chegou esta composición tan especial.

Bravo Lía!!!

Dalle arriba ao trianguliño para escoitalo.


0:19 minutes (300.86 KB)

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA E ABALAR MÓBIL

As novas remitidas pola Consellería, ante a situación que estamos a vivir, son que se vai a levar a cabo a 2ª avaliación con data do venres 13 de marzo. As titoras, mestres e mestras especialistas, avaliarán os contidos traballados ata ese momento.

Para poder acceder ás cualificacións dos vos@s nen@s tedes á vosa disposición a aplicación abalarMóbil.

No seguinte enlace podedes acceder á guía para descargar a aplicación e os pasos a seguir para rexistrarse.

GUÍA ABALARMÓBIL

A aplicación está dispoñible tanto na PlayStore coma na AppleStore.

A partir das 14:00 horas do venres 3 de abril, na función “Consultar cualificacións”, estarán as cualificacións da 2ª avaliación.

Na páxina de abalarMóbil tedes acceso tamén a “Respostas a preguntas frecuentes”. Premede aquí.

Ante alquera dúbida ou dificultade, podedes contactar co centro escolar a través do correo electrónico ceip.union.mugardesa@edu.xunta.gal.

Estamos á vosa disposición para o que precisedes.

 

Moito ánimo a todos e todas!!

 

FEIRA DE NÚMEROS

 

 Xa temos participantes na feira de números!!

 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 ANIMÁDEVOS!!

 (1º EP)

(1º EP)

(2º)

 (4ºEP)

(1º)

 (1º)

FEIRA DE NÚMEROS NÚMERO 15 (exemplo)

AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!

 

(1º)

 

(1º)

 

(2º)

 

(1º)

 

FEIRA DE NÚMEROS: NÚMERO 21 (exemplo)

(2º)

 

(1º)

FEIRA DE NÚMEROS: NÚMERO 33

(1º)

(1º)

(1º)

 

(2º)

 (1º)

 

(1º)

FEIRA DE NÚMEROS: NÚMERO 45 (exemplo)

 

(1º)

 

(2º)

 

(1º)

 

 

(1º)

FEIRA DE NÚMEROS NÚMERO 52 (exemplo)

 

(2º)

 

(1º)

FEIRA DE NÚMEROS:NÚMERO 60 (exemplo)

 

(1º)

Distribuir contido