XOGAMOS!

Na clase de Educación Física, estivemos a traballar os xogos populares dunha forma moi especial.

Primeiro, coa colaboración das mestras de Art, Ana e Rosa, preparamos os materiais. Para iso, seleccionamos todo que precisabamos para a súa elaboración: botellas de plástico, caixas, chapas, folios, pinturas, pinceis...

Despois os nenos e nenas dos diferentes cursos de educación primaria, foron elaborando os birlos, a ra... entre outros xogos populares para despois poñelos en práctica nas sesións de Educación Física coa profe María.

Con esta actividade traballamos contidos de Art e de Educación Física, así como tamén contribuímos a reutilización de materiais de refugallo dándolles unha segunda utilidade.

Esta forma de traballar resultounos moi divertida e motivadora, dado que cunha mesma actividade aprendemos moitas cousas novas!