Documentos COVID-19

Na seguinte ligazón atoparedes o Plan de Continxencia actualizado, onde se recolle a nosa planificación para o ensino virtual, en caso de que a situación sanitaria o requira.

PLAN DE CONTINXENCIA (actualizado)

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA PARA O ENSINO VIRTUAL 

PROTOCOLO COVID 19

PLAN DE ACOLLIDA

 

ESTAMOS DE VOLTA!!

CURSO 2020/2021

Segundo a orde da Xunta de Galicia que podes consultar AQUÍ, a volta ao cole será escalonada:

  • Xoves 10 de setembro: 4ºEI, 5ºEI, 1ºEP, 2ºEP e 3ºEP
  • Venres 11 de setembro: 6ºEI, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP

Boa volta ao cole!

* Antes do comezo das clases todas as familias serán convocadas para unha reunión coas correspondentes titoras ou titores.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

No día de hoxe publicamos na corcheira interior do centro as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Se non podedes achegarvos ao centro, a través de chamada telefónica, podémosvos informar da resolución da vosa solicitude.

As reclamacións á resolución provisional, serán os días 10, 13 e 14 de xullo.

A recollida no centro do vale de libros e/ou do vale material, levarase a cabo os días 15, 16 e 17 de xullo. No caso de non poder recollelos neses días, podedes facelo en setembro.

O reparto dos libros do fondo solidario de libros de texto, levarase a cabo no mes de setembro.

 

HORARIO DE SECRETARÍA MES DE XULLO

- Do 1 ao 17, ambos inclusive, de 10:00 a 13:00h.

- Os martes: 21 e 28, de 10:00 a 13:00h.

- Os xoves: 23 e 30, de 10:00 a 13:00h.

*Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado.

QUENDAS PARA A RECOLLIDA DO MATERIAL QUE TEN O ALUMNADO NA AULA, DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO, MOCHILAS VIAXEIRAS E LIBROS DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DO CENTRO

·      Mércores 17 de xuño: 5º de Educación Infantil e 6º de Educación Infantil.

·      Venres 19 de xuño: 4º de Educación Infantil e 2º de Primaria.

·      Luns 22 de xuño: 1º de Primaria e 5º de Primaria.

·      Martes 23 de xuño: 3º de Primaria e 4º de Primaria.

·      Xoves 25 de xuño: 6º de Primaria.

A entrega dos materiais levarase a cabo na secretaría, de 10:00 a 13:00 horas.

Para o acceso ao centro, seguiranse as indicacións das distintas sinalizacións, e permanecerase o tempo imprescindible para a recollida e devolución dos materiais.

*As familias que teñan fillos/as en distintos cursos, poderán acudir ao centro o último día dos asignados e levar tódolos materiais.

ÁLVARO E JULIA TEÑEN UNHA MENSAXE !!

Aquí vos deixamos a Álvaro e a Julia que nos deixan unha importante mensaxe para coidar do noso planeta:

                   REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!!!!

 

 

Distribuir contido