O 11 de febreiro, foi o Día internacional da muller e da nena na ciencia, unha iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co fin de promover a participación equitativa e plena, de mulleres e nenas na ciencia.
Dende o centro, este ano decidimos pór en valor a importancia de escoller ben o que ven os nosos/as nenos e nenas, co fin de romper os estereotipos e axudar a construír un mundo máis xusto para elas e eles.
Os referentes escollidos, proveñen do mundo televisivo infantil, que tamén educa, ás veces, non para construír e mellorar, senón para perpetuar inxustizas.
Os referentes elexidos foron: Ada Magnífica Científica, Gretchen (La banda del patio), Hermione Granger, Peg y el gato, Alize Tornberry, Los inBESTgator, Dora a exploradora, Mary e Susan, e Vilma (Scooby Doo).
Con carteis informativos de todas elas repartidos por diferentes espazos do centro, o alumnado realizou unha actividade de búsqueda, selección de información e reflexión, coa que se pretendía a concienciación e por en valor a figura das mulleres e nenas na ciencia rompendo con estereotipos establecidos.