CANDIDATURAS DE PAIS/ NAIS ÁS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas dos pais/ nais ao Consello Escolar, proclámanse as candidaturas presentadas.

VER CANDIDATURAS PRESENTADAS

Nestas eleccións elixiranse tres representantes das familias.

O vindeiro martes, 23 de novembro, terán lugar as votacións no seguinte horario:

De 09:00 a 10:00 horas, de 13:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:00 horas

ORDE POLA QUE SE REGULAN OS CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O venres, 12 de novembro, publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

Aspectos a ter en conta:

  • O prazo para presentar as solicitudes é do 15 ao 26 de novembro de 2021.
  • Dirixidas ao alumnado de educación primaria.
  • Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22, posto que se lles entregarán as máscaras sen necesidade de realizar ningún trámite.
  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída e que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.
  • Lugar de presentación das solicitudes: Na secretaría do centro os martes de 16:00 a 17:00 horas (sen cita previa), e os mércores e xoves de 9:15 a 9:45 horas (sen cita previa). No caso de non poder entregar a solicitude nos días e horas anteriores, solicitarase cita previa telefónicamente.

 

SAMAÍN NA RÚA

E por fin chegou o día! para que poidades atopar a vosa cabaza polos distintos establecementos de Mugardos, deixámosvos un mapa da vila coas rúas en dónde estarán expostas.

Agardamos que o pasedes de medo!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

Durante o mes de novembro deste ano procederase á renovación parcial dos membros do Consello Escolar. Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, este proceso será simultáneo en todos os centros de ensino público do Concello de Mugardos. 

No seguinte enlace atoparedes máis información sobre as fases.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

INICIO DE CURSO 2021- 2022

O día 9 de setembro dará comezo o novo curso escolar co horario habitual (de 09:00 a 14:00 horas). Adxuntamos a  ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde podedes atopar toda a información.

O día non lectivo proposto polo centro (e pendente de aprobar pola Xefatura Territorial) é o 16 de maio.

 Adxuntamos a guía para as familias do protocolo Covid do centro, co fin de que coñezades a organización e funcionamento do mesmo.

GUÍA FAMILIAS PROTOCOLO COVID 21-22

Queremos dar a benvida ás novas persoas que se incorporan á nosa comunidade educativa, e solicitar a vosa colaboración para o correcto desenvolvemento das clases.

Bo comezo de curso a tod@s!

 

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2021- 2022

Preme na seguinte ligazón para acceder ao documento:

LIBROS DE TEXTO 2021/2022

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 (ambos incluídos), queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar, tal e como se regula na Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B).

Os impresos da solicitude podédelos descargar en (Anexo I e Anexo II) ou solicitalo na secretaría do centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro (preferiblemente os martes e mércores, de 16:00 a 18:00 horas).

1.- FONDO SOLIDARIO: Destinado ao alumnado de 3º a 6º de E.P (no noso caso 5º e 6º non o teñen que solicitar porque teñen libros dixitais, xa que somos centro E-Dixgal) e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Os libros serán repartidos por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Por ese motivo, recomendamos que todo o alumnado a solicite.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

2.- AXUDAS LIBROS: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de E.P.

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou  inferior a 10.000 €: 140 €.

3.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º a 6º de E.P e ao alumnado da ESO.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

Nesta convocatoria presentarase unha ÚNICA solicitude para todos os/as fillos/as matriculados/as no mesmo centro.

Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable, devolver os libros de texto recibidos no fondo solidario do curso 2020/2021.

 

Distribuir contido