ORDE POLA QUE SE REGULAN OS CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O venres, 12 de novembro, publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

Aspectos a ter en conta:

  • O prazo para presentar as solicitudes é do 15 ao 26 de novembro de 2021.
  • Dirixidas ao alumnado de educación primaria.
  • Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22, posto que se lles entregarán as máscaras sen necesidade de realizar ningún trámite.
  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída e que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.
  • Lugar de presentación das solicitudes: Na secretaría do centro os martes de 16:00 a 17:00 horas (sen cita previa), e os mércores e xoves de 9:15 a 9:45 horas (sen cita previa). No caso de non poder entregar a solicitude nos días e horas anteriores, solicitarase cita previa telefónicamente.