Recíclate con Sogama

ÁLVARO E JULIA TEÑEN UNHA MENSAXE !!

Aquí vos deixamos a Álvaro e a Julia que nos deixan unha importante mensaxe para coidar do noso planeta:

                   REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!!!!

 

 

O DÍA DOS OCÉANOS

O día 8 de xuño, é o Día dos Océanos, e dende Sogama, acaban de facer unha publicación que nos invita a reflexionar sobre o gran pulmón do planeta: os océanos.

http://www.sogama.gal/gl/campanha/rumbo-toda-vela-cara-%C3%A1-sostibilidade-dos-oc%C3%A9anos

Para esta conmemoración, na plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”, publicaron cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Familia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo.

http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/ 

Tamén vos deixamos uns xogos moi entretidos relacionados coa temática do mar.

http://www.cadernoverde.gal/un-mar-limpo/

 

Agardamos que vos gusten!!

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE DURANTE O CONFINAMENTO

Como ben sabedes, no CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa estamos moi concienciados cun bo coidado do noso medio ambiente. Mostra disto té o traballo que levamos facendo durante todo este curso e que non quedou no esquecemento durante este longo confinamento que nos tocou vivir. Os nenos e nenas fixeron diversas actividades con material de refugallo para contribuír así á reutilización de materiais que temos pola casa e a non mercar outros novos.

Nesta presentación podedes ver algunhas obras de arte que nos fixeron chegar.

UN XOGO DIVERTIDO

@s profes da Unión Mugardesa tamén queremos conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que celebramos o día 5 de xuño. Para iso, creamos un xogo moi divertido. É unha especie de “escape room” dixital. Agardamos que vos guste.

(Picade na imaxe).

 

UNÍMONOS A CAMPAÑA: DESPLASTIFÍCATE!!

Dende o noso cole, unímonos á campaña creada por Sogama, enmarcada no Día Mundial do Medio  Ambiente, coa que pretenden axudar aos cidadáns a crear bos hábitos no  consumo responsable de plástico.Aquí vos deixamos algunhas  destas boas prácticas:

✔Leva a túa propia bolsa reutilizable á compra (de tea, de rafia natural, unha cesta) ou ben o tradicional carriño. A bolsa de plástico utilízase unha media de 15 minutos, pero pode tardar séculos en degradarse na contorna.

✔Na casa e fóra da casa, opta por botellas de auga reenchibles, preferiblemente de aceiro inoxidable ou vidro.

✔Rexeita as palliñas plásticas (hainas de aceiro, bambú ou papel), así como os pratos, vasos e cubertos fabricados con plástico. En 2021 estarán prohibidos na UE.

✔Dá preferencia aos produtos comercializados a granel e, na medida do posible, elixe os envasados en cartón. Para almacenar os alimentos, mellor o vidro e as latas (de aceiro ou aluminio). Descarta bolsas, papel filme e recipientes plásticos.

✔Non esquezas que os microplásticos tamén están presentes na composición dos cosméticos e outros artigos de hixiene.

✔Elixe, sempre que poidas, produtos fabricados con materiais biodegradables. As alternativas son numerosas: desde peites de madeira ata esponxas de celulosa.

✔Prioriza as pinzas de madeira para tender a roupa e procura prescindir das cápsulas de café.

✔Á hora de regalar, mellor obxectos que non conteñan plásticos e estean fabricados con materiais reciclados.

✔En festas e celebracións, evita o confeti plástico, así como os globos. Os tradicionais de poliuretano poden permanecer máis de 400 anos na natureza e, os de látex, aínda que son biodegradables, poden tardar anos en degradarse se chegan ao mar; en contacto co aire, ata 2 ou 3 meses.

✔Recorda separar correctamente os residuos no fogar e depositalos nos contedores correspondentes para   propiciar o seu reciclado e, polo tanto, a súa transformación en novos produtos. Desta forma contribuirás a aforrar enerxía e materias primas.

 

O CADERNO VERDE

Dende Sogama, están a traballar moi duro durante este confinamento que estamos a vivir.

 

Primeiro, para recoller a gran cantidade de lixo que xeramos diariamente en Galicia, e así manter os nosas aldeas e pobos limpos. Tal e como vimos nos medios de comunicación, dende o 15 de marzo, os residuos aumentaron nun 9,5%. Podedes consultar a información completa na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/04/06/confinamiento-dispara-basura-genera-trata-sogama/0003_202004C6C1992.htm

 

Pero a pesar de ter tanto traballo, os encargados da parte educativa desta empresa, non se esqueceron dos rapaces e rapazas que están a traballar a reciclaxe nos seus colexios, como é o caso dos nenos e nenas da Unión Mugardesa. Por iso, elaboraron novas edicións dos Cadernos Verdes. Preguntarédesvos, que é iso? Pois ben, son un conxunto de actividades moi divertidas que queren xunguir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade.

 

Se queredes pasar un bo anaco con estas actividades podedes acceder a través da seguinte ligazón:

http://www.cadernoverde.gal/

 

Agardamos que vos gusten tanto como a nós!

RECOLLIDA DE TAPÓNS

Hai uns días coñecemos a historia de Alba da man da súa avoa. Alba é unha rapaza que padece unha lesión cerebral dexenerativa e que grazas á axuda dos demais pode pagar os seus tratamentos que teñen un custe moi elevado.

A súa avoa contounos que Alba vive en Cartagena, onde traballan os seus pais, aínda que toda a súa familia vive na comarca de Ferrol. Pouco a pouco foi conseguindo os seus obxectivos. Os idiomas gústanlle moito, agora está a estudar xaponés!

Preguntarédesvos... que podemos facer? Pois é moi sinxelo, simplemente temos que gardar todos os tapóns que teñamos na casa e depositalos no punto de recollida que temos no recibidor do noso colexio.

SESIÓN DE FORMACIÓN SOBRE A RECICLAXE

Dentro do Plan Proxecta: Recíclate con Sogama, tivemos unha sesión de formación dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria.

Nesta sesión, Julia, recordounos cousas que xa coñeciamos e ensinounos outras que nos sorprenderon moito. Por exemplo, que xa non falamos do 3R senón de 5R: Reducir, Reparar, Recuperar, Reutilizar e Reciclar, aínda que xa se está a falar de máis como o Recuperar enerxicamente a parte non reciclable.

Tamén nos resolveu moitas dúbidas que tiñamos con respecto ao que podemos tirar ou non no noso composteiro e nos diferentes contedores do lixo. E que pasa despois de que veña o camión a baleirar os contedores.

Por último, e non menos importante, aprendemos que hai moitos máis contedores dos que estamos acostumados a ver na rúa, temos o minicontedor das pilas (como o que hai no cole),o punto SIGRE (atopámolo nas farmacias), os puntos limpos...
FOI MOI INTERESANTE!!

 Se queredes ter máis información podedes entrar en:

http://www.sogama.gal/es/info/reciclate-con-sogama

TALLER DE BOLSAS DE TEA

Para darlle unha segunda vida ás camisetas vellas que temos pola casa, levamos a cabo un taller no que elaboramos bolsas de tea para traer o aseo da clase de educación física ou para levar cando imos á compra, por exemplo.

 

Aquí vos deixamos como facer unha!

REUTILIZAMOS!!!

Este curso 2019/2020 o noso centro é un dos 25 participantes no Plan Proxecta: Recíclate con Sogama. Por iso, desde comezos do curso estamos a fomentar a reciclaxe, a reutilización dos materiais de refugallo e o consumo responsable entre o noso alumnado.

A continuación podedes ver algunha das obras de arte que foron facendo os rapaces con materiais de refugallo.

 

 

Distribuir contido