Hai uns días coñecemos a historia de Alba da man da súa avoa. Alba é unha rapaza que padece unha lesión cerebral dexenerativa e que grazas á axuda dos demais pode pagar os seus tratamentos que teñen un custe moi elevado.
A súa avoa contounos que Alba vive en Cartagena, onde traballan os seus pais, aínda que toda a súa familia vive na comarca de Ferrol. Pouco a pouco foi conseguindo os seus obxectivos. Os idiomas gústanlle moito, agora está a estudar xaponés!
Preguntarédesvos... que podemos facer? Pois é moi sinxelo, simplemente temos que gardar todos os tapóns que teñamos na casa e depositalos no punto de recollida que temos no recibidor do noso colexio.