INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA E ABALAR MÓBIL

As novas remitidas pola Consellería, ante a situación que estamos a vivir, son que se vai a levar a cabo a 2ª avaliación con data do venres 13 de marzo. As titoras, mestres e mestras especialistas, avaliarán os contidos traballados ata ese momento.

Para poder acceder ás cualificacións dos vos@s nen@s tedes á vosa disposición a aplicación abalarMóbil.

No seguinte enlace podedes acceder á guía para descargar a aplicación e os pasos a seguir para rexistrarse.

GUÍA ABALARMÓBIL

A aplicación está dispoñible tanto na PlayStore coma na AppleStore.

A partir das 14:00 horas do venres 3 de abril, na función “Consultar cualificacións”, estarán as cualificacións da 2ª avaliación.

Na páxina de abalarMóbil tedes acceso tamén a “Respostas a preguntas frecuentes”. Premede aquí.

Ante alquera dúbida ou dificultade, podedes contactar co centro escolar a través do correo electrónico ceip.union.mugardesa@edu.xunta.gal.

Estamos á vosa disposición para o que precisedes.

 

Moito ánimo a todos e todas!!