Curso 2019-20
ENTROIDO 2020
Enviado por admin o Lun, 02/17/2020 - 14:52DESFILE POLA PARROQUIA DE VINCIOS:
As comparsas do desfile xiraron entorno á temática deste ano, o baile e a música:
- Educación Infantil: OVO - Cirque du Soleil
- 1º Ciclo: O Entroido dos Animais - Camille Saint-Saëns
- 2º Ciclo: Grease
- 3º Ciclo: O rei León
A continuación un resumo. Feliz Entroido.
OS MANDADIÑOS MUSICAIS DO MECO:
Este ano o Meco saiunos mandón e moi musical. As ordes son acumulativas, é dicir, cada día hai que traer o que o Meco mande e, tamén, o dos días anteriores.
LUNS:
MARTES:
MÉRCORES:
XOVES:
DÍA DA PAZ 2020
Enviado por admin o Ven, 01/31/2020 - 20:56POLO DÍA DA PAZ, OBRADOIROS DA PAZ!!!
Todos os alumnos e alumnas, mesturados en grupos de diferentes idades, foron rotando polos obradoiros traballando e xogando sempre de forma cooperativa:
- Xogos Cooperativos co Paracaídas.
- Danzas do Mundo.
- Contos da Paz.
- Taller de Grafismos.
- Xogos na Aula Creativa.
- Matemáticas co tangram.
- Estudo de Fotografía.
E para rematar, todas e todos bailamos a danza preparada pola profe Elena, "Seve Jumps".
Aquí podedes ver o vídeo do DÍA DA PAZ.
Os gañadores/as das cestas de Nadal
Enviado por Anarosa o Lun, 12/23/2019 - 15:39NORABOA POLAS CESTAS!!!
BO NADAL!!
FESTIVAL NADAL 2019
Enviado por admin o Ven, 12/20/2019 - 16:15A postal de Nadal gañadora do Concurso 2019 foi para o alumno de 6ºEP, MARTÍN ARES NOVAS.
Noraboa Martín, por agasallarnos con esta fermosa postal!!!
BO NADAL!!!
VÍDEO DAS PANXOLIÑAS:
FOTOS DO FESTIVAL:
Cesta de Nadal
Enviado por Anarosa o Sáb, 11/30/2019 - 21:51Este ano o alumnado de 5º e 6º tamén vai vender rifas para financiar a excursión de fin de curso. Sortearanse dúas cestas, os gañadores/as serán aquelas dúas persoas que teñan as dúas rifas que coincidan cos tres últimos números do gordo de Nadal do 22 de decembro.
O contido das cestas é o seguinte:
- Xamón serrano “Torre de Núñez” Duroc 14 meses TN 7 kg aprox.
- Chorizo Imperial 50% Duroc TN 450 g.
- Salchichón Imperial 50 % Duroc TN 450g.
- Queso “El Pastor” mezcla semi 550g
- Torta turrón “25” 200g.
- Turrón “25” extra Jijona 200g.
- Turrón “Suchard” chocolate cruj. 260g. Clásico
- Surtido “La Estepeña” 400g.
- Almendras rellenas 25
- Marquesas Delaviuda 250g.
- Mazapán “Delaviuda” 200g.
- Bombones “Ferrero Rocher” 16 u.
- Sidra “El gaitero” extra
- Cava “Delapierre” etiqueta negra
- Viño blanco godello “Pazo de Monterrey”
- Viño Rioja “Siglo” Saco Crianza
- Melocotón almíbar “Alcurnia” 480g.
- Piña “de Monte” 510g.
- Espárragos “Lodosa” 250g.
MAGOSTO 2019
Enviado por admin o Mar, 11/26/2019 - 18:26Este ano o tempo non acompañou e foi imposible subir ao Monte Galiñeiro para festexar esta festa popular, pero aínda así, pasamos unha sesión de convivencia no centro moi boa compartindo espazos, xogos e ricas castañas.
Xogos Populares 2019
Enviado por admin o Lun, 11/18/2019 - 16:01
SAMAÍN 2019
Enviado por admin o Xov, 10/31/2019 - 16:30O 30 de outubro celebramos outro ano máis o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. Cada familia participou traendo ao cole unha CESTA e unha CABAZA.
A novidade foi o túnel do terror que percorremos nenas, nenos, profes, nais e pais, pero dende logo con moito medo!!!
Por estas datas sempre disfrutamos dun día terrorífico!!!
Aí vos deixamos un pequeno exemplo do ben que o pasamos.