Día das Cabazas

Celebramos o Samaín do 2015

O 29 de outubro celebramos no cole o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. Cada familia participou traendo ao cole unha CESTA e unha CABAZA , que estiveron decorando os pasillos do noso centro e un laboratorio moi TERRORÍFICO!!!!

Ahí vos deixamos un pequeno exemplo do ben que o pasamos.

 

samaín from librincios on Vimeo.

 

Tamén se publicou a noticia no xornal do Faro de Vigo o día 10 de novembro: 

 

SAMAÍN 2014: O DÍA DAS CABAZAS E DAS CESTAS DE OUTONO

MENUDO SAMAÍN!!!

O 30 de outubro celebramos no cole o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. Seguro que foi o día do curso no que pasamos máis medo!!! Cada alumno/a trouxo ao cole unha CESTA e unha CABAZA SUPERTERRORÍFICA, UHHHHHHHHHHH!!!

 

Reportaxe do periodista do xornal “La Voz de Galicia” que visitou o colexio,  clica na imaxen para poder lela.  

  • Primeiro, visitamos o escenario da sala de usos múltiples transformado na habitación da nena de “Monstruos S.A.”, onde colocamos todas as cabazas e intentamos localizar obxectos escondidos entre elas. Todo isto, coas luces acendidas.
  • Os alumnos/as de 6º meteron moito medo no corpo a todo o cole, xa que viñeron disfrazados, agás aos máis pequeniños.
  • Despois, acudimos outra vez, pero coas luces apagadas para observar as cabazas no seu estado máis TERRORÍFICO....

Grazas tamén ás familias pola súa colaboración. 

Neste vídeo, todas as fotos das cabazas:

 

Neste outro, retratos do samaín e as cestas de outono:

E xa por último, o xogo de atopar obxectos entre as cabazas e os sustos de Xoel de 6º:

Samaín 2013

Este curso o Día das Cabazas ambiéntouse nun restaurante dos horrores, xa que estamos inmersos nun proxecto sobre a alimentación.

Invitámosvos a ver as nosas montaxes sobre o Samaín que están publicadas no blogue da Biblioteca, preme en cada unha das fotos e terás acceso directo. Esperamos que vos gusten.

       

O SAMAÍN 2012: CESTAS E CABAZAS

sentímolo, flash non está dispoñible.

SAMAÍN 2012

 

 

XA CHEGOU ESTE SAMAÍN

10/31/2012 00:00
10/31/2012 14:00

XA CHEGOU ESTE SAMAÍN

O mércores 31 de outubro, como é costume, celebramos o día das cabazas.

Cada neno trae ao cole unha cesta con produtos típicos do Outono, e unha

CABAZA TERRORÍFICA!!!

 

O Samain 2010

    Este curso a temática da celebración do Samain centrouse nos vampiros; de aí que a decoración da escola e do escenario onde colocamos as cabazas estivese cheo de vampiros e morcegos.

 

Un día terrorífico!

samain

 O Día das Cabazas os nenos e nenas de 6º  disfrázanse de monstros e van polas clases invitando aos demais alumnos e alumnas a ver as cabazas terroríficas. 
 
nenos 6º
 
Nun primeiro momento, o alumnado visita o escenario onde colocamos todas as cabazas e as observa apagadas. Despois, acoden a velas no seu estado máis terrorífico....
 
Uuuuuuuuuuuuuuuuuuuu!
 
Que medo!

cabazas

 

O SAMAÍN 2010: O DÍA DAS CABAZAS

sentímolo, flash non está dispoñible.

Cestas de outono

Cada curso, no CEIP SERRA- VINCIOS, realizamos unha exposición de Cestas de Outono.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido