CÓMO ESTIMULAR A LINGUAXE NO ÁMBITO FAMILIAR
CÓMO ESTIMULAR A LINGUAXE NO ÁMBITO FAMILIAR
A maioría dos nenos falan correctamente e de maneira similar ó adulto cara os 4 anos. En ocasións isto non sucede e o neno precisa dunha estimulación axeitada da linguaxe que lle axude a previr e/ou superar posibles dificultades. A continuación proporcionamos pautas e actividades para traballar no ámbito familiar, así como servizos ós que podemos acudir en caso de necesidade.
POR QUE É IMPORTANTE A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NO EIDO FAMILIAR?
O núcleo familiar é o primeiro ámbito no que o neno comezará a desenvolverse e a realizar as primeiras aprendizaxes. Unha das máis importantes na idade infantil é a da linguaxe. Os pais, irmáns, avós... actúan como modelos que os nenos reproducirán de forma natural a través da observación e imitación. Coa entrada na escola, os estímulos de linguaxe que recibe o neno amplíanse, sen embargo a familia continúa tendo un papel fundamental no desenvolvemento da linguaxe.
PAUTAS XERAIS PARA A FAMILIA:
- Adicar moito tempo a comunicarse co fillo dende que nace (falarlle, facer acenos, fomentar a imitación...).
-
Falarlle de forma clara e despacio.
-
Aproveitar as situacións cotiás para reforzar a fala en momentos como os das comidas, baño, vestido, hora de durmir...
-
Valorar os seus esforzos e reforzalo.
-
Ofrecerlle bos modelos de expresión oral: non imitar os erros que produce, non reforzar a fala infantil, non empregar onomatopeas como “guau-guau” senón a palabra correcta.
-
Utilizar unha linguaxe adaptada á comprensión e idade do neno.
-
Non rifar ó neno polas súas dificultades de pronunciación. Cada neno ten o seu propio ritmo, se evidenciamos os seus erros ou nos rimos del, podemos facer que se volva retraído e non queira falar. Ademais, algúns erros comúns dos nenos, como as hiperregularizacións son en realidade un signo de desenvolvemento, pois o neno entende e aplica as regras gramaticais.
-
Formularlle preguntas abertas, que esixan dunha resposta longa, tendo que construír frases en lugar de realizar preguntas nas que só responda SI/NON. Non aceptar calquera xesto ou son como resposta, nin acabarlle as frases.
-
Ter paciencia e darlle un tempo para que responda.
-
Que o neno desenvolva hábitos axeitados: alimentación equilibrada cunha dieta sólida en lugar de purés (a mastigación desenvolve a musculatura da boca), ensinarlle a soarse o nariz, non prolongar o uso de chupetes ou biberóns...
-
Axudarlle a contar cousas de xeito ordeado traballando a estruturación temporal (qué fixo antes/despois, onte/hoxe/mañá, primeiro/segundo/último...).
-
Favorecer a relación social e o xogo con outros nenos.
ACTIVIDADES PARA ESTIMULAR A LINGUAXE NA CASA:
- Potenciar a súa capacidade auditiva: escoitar sons do contorno e realizar preguntas como qué será, onde estará, para que soará, que estará facendo...
- Ampliar o seu vocabulario: empregar imaxes, vídeos, xogos... para nomear o que aparece. Empregar a realidade do neno para nomear as cousas coas que ten vivencias (no supermercado, no parque, de compras...). Cando non coñeza unha palabra explicarlle o seu significado con palabras ou feitos que sí coñeza. Xogar ó “vexo-vexo”.
- Traballar o sopro: soprar muíños de vento, pitos, trompetas... facer burbullas de xabón, inflar globos, sorber cunha palla ou facer burbullas nun vaso de auga...
- Traballar as praxias: poñer caras feas, sorrir e poñer morros alternativamente, mover a lingua dun lado a outro, subila ata o nariz, baixala ó queixo, lamber os beizos, vibrar os beizos, vibralos coa lingua fóra, morder o beizo de arriba e o de abaixo alternativamente, lamber os dentes de arriba e de abaixo dun lado ó outro, simular coa lingua un caramelo e desprazalo pola boca, desprazar a lingua polo padal, dobrar a lingua cara arriba e cara abaixo suxeitándoa cos dentes, xuntar os dentes e soprar con forza...
SERVIZOS ÓS QUE PODEMOS ACUDIR:
- Revisión de vista e oído para detectar/descartar posibles problemas.
- Departamento de Orientación: ademais de proporcionar asesoramento, no centro educativo contamos cunha mestra especialista de Audición e Linguaxe.
- Atención temperá, logopedas e gabinetes psicopedagóxicos: servizos externos que ofrecen atención complementaria á levada a cabo no centro cos alumnos.