OS DEZ ERROS MÁIS COMÚNS DOS PAIS Ó FACER OS DEBERES COS FILLOS

CÓMO AXUDAR ÓS NENOS A REALIZAR AS TAREFAS ESCOLARES EN CASA

Para levar ben esta gran responsabilidade, é convinte coñecer cáles son os erros máis comúns que cometen os pais á hora de realizar os deberes cos seus fillos e cómo solventalos, ofrecendo claves para realizar con éxito estas tarefas:

1. Facer os deberes en calquera sitio, na cociña mentras se prepara a cea ou no salón mentras se ve a tele...

Procuraremos que o momento dos deberes sexa nun lugar fixo, mellor no seu propio recanto de estudo. Nun ambiente desilencio sen distraccións, sen tele...

2. Protestar como adultos sobre a cantidade ou calidade dos deberes.

Debemos aceptar a realidade, se pensamos que sobrepasan ó noso fillo debemos acudir ó colexio para falar cos mestres pero en casa respectaremos a decisión do profesor.

3. Facelos nós.

Realizarlles nós os deberes non lles fai aprender e os mestres decátanse disto.

4. Entender os deberes só como novas aprendizaxes.

Os deberes escolares son reforzos para a aprendizaxe e, sobre todo, unha ocasión para aprender a traballar de formaautónoma. De acordo co anterior, os pais poden explicarlles as dúbidas, pero é máis razoable axudarlles a atopar a resposta que buscan (no libro, en internet...).

5. Converter os deberes no momento de bronca cada día.

Procuraremos que o tempo de deberes sexa un tempo de paz e tranquilidade. Non debemos crear en casa ansiedade co relacionado coa escola.

6. Non tomar en serio a súa necesidade de presenza e apoio.

Os pais deben estar dispoñibles para os nenos, mirándolles, escoitándoos cando o requiran.

7. Impoñer control absoluto.

Podemos axudarlles pero deixándolles a eles a responsabilidade e favorecendo a súa autonomía. A partir dos 6 anos xa son autónomos para empezar a facer os deberes sós.

8. Evitar o diálogo cos profesores.

Todo o contrario, debemos potenciar o diálogo e a colaboración cos mestres e consultarlles se os nenos precisan axudas complementarias.

9. Permitir que afronten as tarefas escolares agotados debido ás actividades extraescolares.

As actividades extraescolares son necesarias pero non poden ser obsesivas. É mellor seleccionar as actividades que máis se adecúen ás características do neno e ás súas necesidades en lugar de ter demasiadas modalidades, e poder así ter tardes de xogo e estudo en casa.

10. Ser anárquicos.

Os deberes, como dixemos, son unha aprendizaxe do traballo autónomo e a autodiscilpina. Os deberes deben ter un tempo e un espazo, e nós dar exemplo.