CÓMO SUPERAR OS CIUMES ENTRE IRMÁNS

OS CIUMES E A RIVALIDADE ENTRE IRMÁNS

Os ciumes entre irmáns, as rivalidades, as pelexas constantes... alteran e distorsionan o clima familiar. Por iso, a continuación facemos unha pequena profundización en cada un destes aspectos para logo dar pautas e orientacións para unha axeitada intervención no ámbito familiar:

Os ciumes (celos):

O neno que sinte ciumes percibe a realidade algo distorsionada considerando que é menos querido que antes. Aparecen ante o medo a perder ou ver reducidos o cariño e atención de alguén querido. Soe ter autoestima baixa, dificultades de atención, íllase do mundo. Soen ser nenos sensibles, teñen regresións a condutas xa superadas como descontrol de esfínteres, fala infantil imitando ó pequeno ou tartamudeando... Adoitan ter condutas negativistas ou desafiantes, cambios de estado de ánimo sen causa aparente, sono irregular (terrores nocturnos, solicita a presenza dos pais na súa cama ou quere ir á cama dos pais), escaso apetito. Sinten rexeitamento cara o outro irmán, o cal lle fai sentirse culpable e aumentar o seu sufrimento

A rivalidade entre irmáns:

As disputas entre irmáns son algo natural e inevitable. A medida que se fan maiores a rivalidade supérase dando paso a unha maior unión e amizade. A superación destes conflitos axúdanlle a adquirir seguridade en sí mesmos e superar o seu egocentrismo.

Estratexias para previr e resolver os conflitos entre irmáns:

  • Fomentar un clima familiar de amor e confianza para un maior entendemento entre todos, favorecendo a comunicación de maneira que se liberen os medos e se expresen as emocións.

  • Tratar con afecto e atención frecuentes ós fillos para que perciban que son queridos.

  • Acostumarse a compartir responsabilidades, realizar tarefas conxuntas, axudar ó outro, facer recados xuntos, realizar xogos cooperativos...

  • Realizar actividades en familia como xogar a xogos de mesa, saídas ó parque ou ó cine, excursións...

  • Ensinarlles a pedir por favor, a dar as grazas e a pedir perdón. Ás veces obviamos algo tan elemental como isto, pero tamén require o seu momento para ser traballado e reforzado.

  • Desenvolver un estilo educativo democrático, no que se demostre afecto ós nenos interesándonos polas súas cousas e promovendo o diálogo e a comunicación, á vez que se exerce un nivel de esixencia e control, establecendo límites e normas claras.

  • Procurar momentos de exclusividade con cada fillo (sen adicación excesiva), por exemplo como recompensa pola súa boa conduta.

  • Evitar condutas como:

- Berros,

- privilexios a uns fillos fronte a outros,

- comparacións entre os fillos ou con outros nenos,

- adicacións excesivas a uns fillos en detrimento dos outros

- prestar atención ás condutas propias de bebés (éstas débense ignorar),

- que o fillo maior asuma toda a responsabilidade do coidado do menor.

- Entrometerse nas disputas dos fillos (darlles a eles a oportunidade de resolver os seus conflitos).

- Educar ós fillos no control das súas emocións: aprender a soportar pequenas frustracións, alegrarse do éxito dos demais, manter a calma ante situacións adversas, aceptar as propias limitacións con optimismo...

 

CHEGA UN NOVO IRMÁN OU IRMÁ Á FAMILIA. QUE PODEMOS FACER?

  • Facer partícipe ós fillos das tarefas que conleva a chegada do seu irmán para que non se sinta desprazado: preparar a cuna e a habitación, os xoguetes, roupa... valorando a súa actitude máis que o resultado.

  • Resaltar a importancia de ter irmáns e os seus beneficios no xogo, nas labores diarias, na alegría da casa, nas reunións familiares...

  • Evitar expresións como “agora sí que vas ter que compartir” ou “agora vas ter que coidalo porque ti es o maior”, dicindo no seu lugar frases como “vaste divertir moito”, “vas poder xogar con el cando sexa un pouco máis grande”...

  • Evitar a coincidencia de levar ó irmá maior á Escola Infantil cando nace o pequeno, adiantando ou atrasando esta entrada para que o maior non asocie: nace o meu irmán=marcho de casa.

 E DESPOIS DO SEU NACEMENTO, QUE PODEMOS FACER?

  • Evitar frases como: “non o toques”, “vaiche caer”, “non me fío de ti”... No seu lugar dicir frases positivas como “vén, que o vas bañar moi ben”, “qué ben o coidas”, “eres moi responsable”...

  • Involucrar ós irmáns nas tarefas de coidado, hixiene, alimentación...

  • Buscar momentos de atención para o irmán maior evitando dirixirnos exclusivamente ó recén nacido, pois é o maior o que pode manifestar condutas de ciumes.

  • Dar afecto ós fillos sen distinción de idade. Ás veces damos maior afecto ós nenos pequenos omitindo a atención ós nenos maiores.

  • Valorar ós fillos diante de familiares e demais visitas, evitando comentarios negativos sobre eles.

 

 

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR OS CIUMES ENTRE IRMÁNS

Contos: “O monstro de Ricardo” de Julia San Miguel (Kalandraka).

                 “Pablo tiene un hermano” de María Luísa Carrillo (CEPE).

- Vídeos: “Teo tiene una hermanita” en https://www.youtube.com/watch?v=3wcc_oIxX10

- Realizar un cartel na aula con tres columnas. Na columna central os nomes (con foto) de todos os nenos da clase. Na columna da esquerda, ó lado de cada alumno os nomes e fotos dos irmáns menores (no caso dos nenos que teñan), e na columna da dereita os nomes e fotos dos irmáns maiores (no caso de que teñan). Na casa tamén se pode realizar unha especia de árbore xenealóxica cos irmáns dos familiares, veciños e amigos do neno.