O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:
PRESENTACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP SERRA-VINCIOS
"A infancia ten as súas propias maneiras de ver, pensar e sentir; non hai nada máis insensato que pretender substituílas polas nosas"(Rousseau)
Make money by copying the best: http://bit.ly/best_tips
“A medida da dificultade é a medida da capacidade"
"A uniformidade é a morte, a diversidade é a vida"(Mijail Bakunin)
"Só porque alguén non te ame como ti queres non significa que non te ame con todo o seu ser" (Gabriel García Márquez)
“Se queres un adulto con pensamento creativo, de pequeno cóntalle contos;
se o queres ademais sabio, cóntalle máis contos" (Einstein)
"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo" (Mandela)
"Todos os nenos nacen artistas, o problema é como seguir sendo artistas ó medrar" (Picasso)
MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- O xefe/a do Departamento de Orientación: Orientador/a.
- Os coordinadores/as de cada ciclo de Infantil e Primaria.
- Os profesores/as de Pedagoxía Terapéutica (P.T.) e de Audición e Linguaxe (A.L.)
HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS
O orientador/a atenderá ás familias que así o desexen os días que acuda ao centro, xa que é un mestre/a compartido con outro colexio, de 9h. a 14h. e os martes de 17:30h. a 18:30h., sempre con cita previa.
FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:
- Valorar as necesidades educativas do alumnado, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
- Elaborar, de acordo coas directrices da CCP, as propostas do POAP e do PAT, así como coordinar ó profesorado e ofrecerlle soporte técnico para o desenvolvemento de ditos plans.
- Participar na elaboración dos proxectos do centro incidindo na atención ó alumnado con neae.
- Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e a prevención de dificultades de aprendizaxe.
- Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
- Facilitarlle ó alumnado apoio e asesoramento.
- Promover a cooperación entre o centro e as familias.
AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA E INFORME PSICOPEDAGÓXICO:
De acordo co Decreto 229/2011, do 7 de Decembro, así como da Orde do 31 de Outubro de 1996, a avaliación psicopedagóxica é un proceso de recollida, análise e valoración da información relevante do alumno, do seu contexto escolar, familiar e dos distintos elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe. Terá por finalidade identificar as necesidades educativas que poida presentar o alumnado e poder fundamentar as correspondentes propostas e decisións. É competencia e responsabilidade da Xefatura do Departamento de Orientación.
Os resultados e conclusións de dita avaliación xunto coas medidas propostas recolleranse nun informe psicopedagóxico. A familia será informada e poderá solicitar copia deste informe.
Adxúntase o protocolo de demanda de avaliación psicopedagóxica para as familias (folla de demanda e autorización de avaliación psicopedagóxica):
Make money by copying the best: http://bit.ly/best_tips
Make money by copying the best: http://bit.ly/best_tip
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FOLLA DE DEMANDA.pdf | 58.67 KB |
AUTORIZACIÓN AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA.pdf | 62.04 KB |