PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: MATRÍCULA CURSO 2024-2025

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA NOVAS FAMILIAS:

 

O MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00h. realizaremos unha reunión informativa sobre o funcionamento do Centro e tamén amosaremos as instalacións ás familias que así o desexen.  

Tamén en horario de 12h a 14h poderemos atendervos telefonicamente por se queredes realizar algunha consulta ou ben mediante correo electrónico.

Podedes consultar o folleto informativo sobre o centro  CLICANDO NA PORTA.

 

Presentaranse as SOLICITUDES DE ADMISIÓN do 1 ao 20 de MARZO en HORARIO de 12h a 14h.

  

Se queres ver como traballamos en Infantil clica no seguinte video: 

 

 

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Reserva de praza no centro de orixe: para o alumnado de 6º que reserva praza no IES Terra de Turonio

15 de xaneiro - 5 de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

antes do 1 de marzo

Presentación da solicitude de admisión (para alumnado de nova incorporación ao centro)

1 - 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (en caso de que haxa máis solicitudes que vacantes)

10 días hábiles contados a partires do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas (no taboleiro do Centro, nesta páxina Web mediante código facilitado á familia ou a través da Aplicación AdmisionAlumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital)

antes do 25 de abril

Presentación das reclamacións

5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas (no taboleiro do Centro, nesta páxina Web mediante código facilitado á familia ou a través da Aplicación AdmisionAlumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital)

antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

20 - 30 de xuño

 

 

DESCARGAS: DOCs PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO

- Decreto 13/2022 polo que se regula a admisión de alumnado en centros públicos (DOG do 11/02/2022).

- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes (DOG 08/11/2022).

- Resolución do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e organizacións sindicais (DOG 17/01/2024). 

Áreas de Influencia dos Centros de Gondomar.

Publicación da Oferta Inicial de Postos Escolares Vacantes.

Criterio Complementario do Centro en caso de baremación.

Criterios Xerais de Admisión en caso de baremación.

Listaxes Provisionais de Admitidos e non Admitidos, antes do 25 de abril (consulta por código).

Listaxes Definitivas de Admitidos e non Admitidos, antes do 15 de maio (consulta por código).

Documentación Matrícula (Clica aquí)

O prazo para entregar a solicitude de admisión Anexo II-ED550B é do 1 ao 20 de marzo e hai 3 formas de cubrila: 

1) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e presentala asinada de xeito manual no centro.

2) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e asinala en Sede Electrónica con certificado dixital.

3) Cubrir a solicitude Anexo II-ED550B manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

O seguinte Manual para as familias servirá de guía para poder cubrir o Anexo II:

- Manual para as Familias.

Anexo III-1: Formulario de Matrícula en Educación Infantil e Primaria, do 20 ao 30 de xuño.

Ficha de Datos Persoais do Alumno/a.

Autorización Publicación Imaxe do Alumnado.

Autorización Manexo de Datos do Alumnado.

Impreso Socio/a ANPA.

Impreso Aula Matinal e Información ANPA.

Impreso Reserva Transporte Escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
AREAS DE INFLUENCIA - ZONIFICACIÓN.pdf28.53 KB
11.-Modelo Autorizacion Imaxe.pdf56.51 KB
12.-Modelo Autorizacion Datos.pdf69.63 KB
PUBLICACION CRITERIO COMPLEMENTARIO.pdf70.41 KB
Informacion ANPA-Aula Matinal.pdf28.15 KB
2022-11-08 ORDE 21-10-2022 PROCESO ADMISION.pdf1.6 MB
Documentación Matrícula horizontal.pdf344.96 KB
FICHA DATOS PERSOAIS ALUMNO.pdf59.27 KB
2022-02-11 DECRETO 13-2022 do 03-02 REGULA ADMISION ALUMNADO.pdf694.67 KB
Manual_Familias_Admision.pdf1.15 MB
TABOA BAREMO CRITERIOS.pdf137.12 KB
Anexo III-1-MATRICULA CEIP.pdf149.71 KB
ANEXO II-ED550B-G-SOLICITUDE DE ADMISION.pdf1.1 MB
RESOLUCIÓN 10-01-2024 Acordo Conselleria-Sindicatos.pdf382.25 KB
Proceso admision-cartel tablon.pdf150.22 KB