LETRAS GALEGAS 2023
Este ano está dedicado ao autor Francisco Fernández Del Riego, que nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid. Ao acabar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia e na revísta Grial. Xa en 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e impulsor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, ou o Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, entre outros. Faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
O martes 16 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega e que poden asistir as familias.
Pinchade no cartel e podedes consultar o programa do Festival:
VIDEOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2023:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Programa Letras Galegas 2023.pdf | 123.73 KB |