CAMPAMENTO DE VERÁN "OS VINCIOCAS 2023"
Estimadas familias:
Queremos informarvos sobre o Campamento de Verán "Os Vinciocas 2023" que organiza a Asociación de Veciños Galiñeiro - Centro Cultural de Vincios e que se desenvolverá nas instalacións do colexio. O campamento dará comezo o 26 de xuño e rematará o 31 de agosto en horario de 9:00h a 14:30h con opción de aula matinal de 8:00h a 9:00h. Os socios/as da ANPA terán un desconto especial. No seguinte enlace podedes descargar a inscrición e presentala na A.V.V. Galiñeiro de Vincios, no buzón da A.V.V.Galiñeiro que situará no CEIP Serra Vincios ou no mail: activalede@hotmail.com
Animádevos!!!
A Asociación de Veciños Galiñeiro
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Inscrición Vinciocas 2023.pdf | 105.63 KB |
Cartel Campamento.pdf | 3.07 MB |