Admisión de alumnos

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 2024: XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O proceso de admisión para o curso 2023 2024 comeza o día 1 de marzo, aquelas familias que desexen coñecer máis sobre o noso colexio poden asistir á xornada de portas abertas que realizaremos o mércores día 15 de febreiro ás 16:30 horas.

Para participar nela é preciso inscibirse no formulario ao que accederedes facendo clic na imaxe

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.

Segundo se contempla na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, artigo 26.4 “Cando o alumnado teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición, pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva (formulario normalizado ED550A que se remitiu hoxe a través do alumnado) no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e indicará o centro de adscrición que solicita”.

Tamén se poderá cumprimentar a solicitude través da aplicación admisionalumnado que deberán imprimir e entregar posteriormente na Secretaría deste centro: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  

A solicitude de reserva tamén se poderá formalizar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, incluída a Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Xunto coa solicitude hai que presentar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras. 

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes de reserva remata o 6 de febreiro.

En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022 2023: LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS.

Están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos/as e non admitidos/as  para o curso 2022 2023. 

As listaxes definitivas de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

Non houbo variacións en relación ás listaxes provisionais.

Prazo de reclamacións: Poderase presentar recurso de alzada ante o Xefe Territorial no prazo dun mes. 

Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Procédese á admisión provisonal de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso 2022 2023, excepto en 5º de Educación Primaria.

As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

Contra a  Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación. 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022 2023: PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS

As familias do alumnado que presentou solicitude de admisión para 5º de Educacición Primaria ten que presentar a documentación xustificativa dos criterios alegados. O prazo de presentación é do 24 de marzo ao 6 de abril. É preciso solicitar cita previa.

Nos restantes cursos non é necesario presentar documentación xa que hai menos solicitudes que prazas ofertadas.

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022 2023

As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 21 de marzo.

Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:

Documentación a presentar:

  • Solicitude de admisión – anexo II (Documento: ED550B)
  • Fotocopia do DNI ou copia do libro de familia do alumno/a.
  • Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).

Información do proceso. Calendario, prazos de presentación de solicitudes e documentación, normativa, prazas, servizos que oferta o centro...

Solicitude de admisión ANEXO II (galego).

Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).

Presentación telemática da solicitude de praza.

Decreto de admisión de alumnado.

Orde de admisión de alumnos e modificacións á mesma.

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.

Resultado do sorteo público das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2022/23.

Proxecto educativo.

Tríptico informativo sobre o centro.

Plano de situación do centro.

Video das instalacións.

En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2022-2023.

ADMISIÓN ALUMNADO 2022 2023: XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O proceso de admisión para o curso 2022 2023 comezará no mes de marzao, todas aquelas familias que desexedes coñecer máis sobre o noso colexio podedes asistir a unha das xornadas de portas abertas que realizaremos os días 22 e 24 de febreiro. 

Para participar nelas é preciso inscibirse no formulario ao que accederedes facendo clic na imaxe. A data límite para anotarse é o mércores 16 de febreiro. Posteriormente contactaremos con vós para confirmar a data.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Segundo se contempla no artigo 10.2 da ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado ED550A que se publica como anexo I da presente orde".

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. 

Para presentar a documentación na Secretaría do centro é preciso solicitar cita previa no teléfono 881 880 022 ou a través do email ceip.sada@edu.xunta.gal.

No caso de cumprimentar a reserva a través da aplicación admisionalumnadohttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  poderán imprimir a solicitude para entregala posteriormente na Secretaría deste centro ou formalizar a mesma na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

O prazo de presentación remata o 8 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

Normativa e manuais.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021 2022: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS

Non hai cambios con respecto ás listaxes provisionais. Todas as solicitudes presentadas están definitivamente admitidas.

As listaxes definitivas de persoas admitidas pódense consultar:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo).

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido