ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Segundo se contempla no artigo 10.2 da ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado ED550A que se publica como anexo I da presente orde".

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. 

Para presentar a documentación na Secretaría do centro é preciso solicitar cita previa no teléfono 881 880 022 ou a través do email ceip.sada@edu.xunta.gal.

No caso de cumprimentar a reserva a través da aplicación admisionalumnadohttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  poderán imprimir a solicitude para entregala posteriormente na Secretaría deste centro ou formalizar a mesma na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

O prazo de presentación remata o 8 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

Normativa e manuais.