Admisión de alumnos

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Procédese á admisión provisonal de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso 2021 2022.

As listaxes provisionais poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

Contra a  Resolución poderase presentar reclamación ante a dirección do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación. 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022: ACREDITACIÓN DOS CRITERIOS PRESENTADOS

As familias que presentaron solicitudes de admisión no noso centro para o curso 2021 2022 non teñen que presentar ningunha documentación, xa que non hai máis solicitudes presentadas que prazas ofertadas.

Antes do 25 de abril, informarase deste feito, publicaranse no taboleiro interior do centro as listaxes provisionais de admitidos/as.

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2021-2022. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2021-2022.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Díaz Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro en 1º da E.S.O para o curso 2021-2022 .

O alumnado que realizou a reserva deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (do 25 de xuño ao 10 de xullo).

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 22 de marzo.

Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:

Documentación a presentar:

  • Solicitude de admisión – anexo II (Documento: ED550B)
  • Fotocopia do DNI ou copia do libro de familia do alumno
  • Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).

Información do proceso. Calendario, prazos de presentación de solicitudes e documentación, normativa, prazas, servizos que oferta o centro...

Solicitude de admisión ANEXO II (galego).

Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).

Presentación telemática da solicitude de praza.

Decreto de admisión de alumnos.

Orde de admisión de alumnos e modificacións á mesma.

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.

Resultado do sorteo público das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2021/22.

Proxecto educativo.

Tríptico informativo sobre o centro.

Plano de situación do centro.

Video das instalacións.

En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS

Ante a situación epidemiolóxica actual este ano non realizaremos a xornada de portas abertas nas que as familias podían acudir a coñecer o noso centro. 

Pero todas aquelas familias que desexedes saber máis sobre o noso colexio, realizaremos unha videoconferencia o día 25 de febreiro ás 17:15h, na que falaremos das nosas instalacións, servizos complementarios, horarios do centro, metodoloxías,  protocolos Covid e responderemos as vosas preguntas.

As familias interesadas deberán remitir un email a ceip.sada@edu.xunta.es para solicitar o enlace á mesma

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2021-2022: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Segundo se contempla na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A).

No caso de cumprimentar a reserva a través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  poderán imprimir a solicitude para entregala posteriormente na Secretaría deste centro ou formalizar a mesma na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020 2021: ESCOLARIZACIÓN SUBSIDIARIA

No taboleiro interior do centro está dispoñible a adxudicación subsidiaria de prazas asignada ao CEIP Sada y sus Contornos pola Inspección Educativa. O prazo para a formulación da matrícula remata o día 10 de xullo.

 

As familias interesadas en facer uso do servizo de comedor escolar para o vindeiro curso, teñen que presentar a solicitude no Concello de Sada. Facede click aquí para acceder á información.

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Procédese á admisión definitiva das solicitude recibidas neste centro para o curso 2020-2021.

Seguindo o punto 7 das Instrucións do 30 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a listaxe definitiva só estará dispoñible no taboleiro interior do centro. Tamén poden realizar a consulta, se fixeron a solicitude mediante sede electrónica, no portal de "admisionalumnado".

O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos está todo admitido ao haber menos solicitudes que prazas:

  • 4º de Educación Infantil.
  • 5º de Educación Infantil.
  • 5º de Educación Primaria.

O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos non foi admitido por non existir prazas vacantes:

  • 1º de Educación Primaria.
  • 4º de Educación Primaria.

O prazo de formalización de matrícula é do 1 ao 10 de xullo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

O Consello Escolar do centro aprobou, hoxe día 5 de xuño de 2020, a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar.

O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos está todo admitido ao haber menos solicitudes que prazas:

  • 4º de Educación Infantil.
  • 5º de Educación Infantil.
  • 5º de Educación Primaria.

O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos non foi admitido por non existir prazas vacantes:

  • 1º de Educación Primaria.
  • 4º de Educación Primaria.

Seguindo o punto 7 das Instrucións do 30 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a relación de admitidos e non admitidos só estará dispoñible no taboleiro interior do centro. Tamén poden realizar a consulta, se fixeron a solicitude mediante sede electrónica, no portal de "admisionalumnado".

Distribuir contido