ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2021-2022: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO
Segundo se contempla na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A).
No caso de cumprimentar a reserva a través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ poderán imprimir a solicitude para entregala posteriormente na Secretaría deste centro ou formalizar a mesma na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.