Admisión de alumnos
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021: ACREDITACIÓN DOS CRITERIOS PRESENTADOS
Enviado por admin o Mar, 19/05/2020 - 09:45Teñen que aportar a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados as familias que solicitaron praza para os seguintes cursos:
- 1º de Educación Primaria.
- 4º de Educación Primaria.
O prazo de presentación da documentación é ata o día 26 de maio, en horario de 9:00 a 14:00.
Documentación acreditativa do baremo
Non obstante, consultaranse de forma automática a través de admisionalumnado (salvo oposición expresa que conste na solicitude) e non será necesario acreditar os datos relativos a:
• Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar.
• Condición de familia numerosa.
• Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecida pola xunta de Galicia.
ADMISIÓN DE ALUMNADO: REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN
Enviado por admin o Mér, 06/05/2020 - 16:52No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN que establece a reapertura do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020-2021.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 11 AO 18 DE MAIO, AMBOS OS DOUS DÍAS INCLUÍDOS.
Novos prazos do proceso:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: Do 20 ao 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en ESO e bacharelato: do 1 ao 10 xullo de 2020. Prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.
O centro permanecerá aberto no seu horario habitual (09:00-14:00), pero só para a presentación de documentación. Non se pode acceder para realizar outro trámite.
Recomendacións:
- Acudir, na medida das posibilidades, unha persoa por familia para realizar os trámites.
- Traer bolígrafo propio.
- Atender as indicacións do persoal do centro no referido a: ocupación de espazos, distancias de seguridade e medidas hixiénico-sanitarias.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.
Enviado por admin o Lun, 09/03/2020 - 10:29Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Díaz Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2020-2021.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Mér, 26/02/2020 - 21:42As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 20 de marzo.
Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:
Solicitude de admisión ANEXO II
Presentación telemática da solicitude de praza.
Decreto de admisión de alumnos.
Orde de admisión de alumnos e modificación á mesma.
Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.
Tríptico informativo sobre o centro
Díptico informativo da ANPA As Mariñas.
A instancia de solicitude (Anexo II) facilítase na conserxería e a información en papel poden consultala no taboleiro de anuncios na entrada do centro.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin o Mar, 11/02/2020 - 09:54O xoves 20 de febreiro de 17:00 a 18:00 horas o centro estará aberto para aquelas familias que queiran coñecer o noso colexio con vistas á solicitude de praza para o vindeiro curso 2020-2021.
Tríptico informativo do centro
Vídeo das nosas instalacións.
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.
Enviado por admin o Ven, 31/01/2020 - 11:57Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)
Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.
A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 17 de febreiro.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019 - 2020. RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DE SADA
Enviado por admin o Lun, 03/06/2019 - 10:25ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Enviado por admin o Mar, 23/04/2019 - 17:37ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Enviado por admin o Mar, 09/04/2019 - 19:58ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.
Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 11:47Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2019-2020.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »