ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021: ACREDITACIÓN DOS CRITERIOS PRESENTADOS

Teñen que aportar a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados as familias que solicitaron praza para os seguintes cursos:

  • 1º de Educación Primaria.
  • 4º de Educación Primaria.

O prazo de presentación da documentación é ata o día 26 de maio, en horario de 9:00 a 14:00.

Documentación acreditativa do baremo

Non obstante, consultaranse de forma automática a través de admisionalumnado (salvo oposición expresa que conste na solicitude) e non será necesario acreditar os datos relativos a:

• Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar.

• Condición de familia numerosa.

• Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecida pola xunta de Galicia.