ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021 2022: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS

Non hai cambios con respecto ás listaxes provisionais. Todas as solicitudes presentadas están definitivamente admitidas.

As listaxes definitivas de persoas admitidas pódense consultar:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo).

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.