ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Procédese á admisión provisonal de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso 2022 2023, excepto en 5º de Educación Primaria.
As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.