RECOLLIDA DE VALES PENDENTES

RECOLLIDA DE VALES PENDENTES

Listado de libros de texto curso 2022/2023

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

 

FONDO LIBROS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2022/2023

A recollida de vales é do 4 ao 7 de xullo.

Horario: De 10:30 a 12:30.

As familias que non recollan os vales en xullo poderano facer a partir do día 2 de setembro no colexio en horario de 10:00 a 13:00 horas da mañá.

VISITA AO ECOMUSEO ARXERIZ (22 - 06 - 2022).

E para rematar o curso, subvencionada pola A.N.P.A., o alumnado do centro realizou unha excursión ao Pazo de Arxeriz no Concello de O Saviñao.

Da man de Sonia, a nosa guía, fomos percorrendo as diferentes estancias, observando todo o que alí había exposto e aprendendo moito do noso pasado e das nosas tradicións. Despois da visita, puidemos merendar nos fermosos xardíns, correr, xogar e camiñar ata o castro que se atopa nas mesmas terras do pazo.

Para rematar a excursión fomos comer á praia fluvial da Cova aínda que a climatoloxía non nos permitiu bañarnos.

Un fantástico día para compartir con todos e todas e despedir este curso que hoxe remata!

Ata setembro rapazas e rapaces!

Feliz verán!!

A OLERÍA TRADICIONAL DE GUNDIVÓS NO NOSO COLE. (21 - 06 - 2022).

Elías, un dos oleiros que conserva este tradicional oficio en Gundivós, visitou o noso centro para levar a cabo un obradoiro de alfarería con todo o alumnado.

A ANPA do colexio agasallounos con esta actividade onde nenos e nenas puideron coñecer de primeira man todo o proceso para converter o barro nun obxecto útil á vez que fermoso.

Moitas grazas Elías por facernos partícipes da túa arte e por regalarnos ese fantástico libro para a  nosa biblioteca escolar!

 

Recomendacións lectoras VERÁN 2022

Matrícula de Novo Alumnado. Curso 2022/2023

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023

Prazo : Do 20 ao 30 de xuño.

A documentación para formalizar a matrícula pódena atopar adxuntada a esta nova.

OBRADOIRO DE GRAFITI CO ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. (16 - 06 - 2022).

Aínda que os ovos que puxemos na incubadora decidiron non nacer, nós non deixaremos de intentalo para o curso que vén.

Mentres tanto seguimos a preparar o espazo para as nosas futuras pitas.

Hoxe, organizado pola A.N.P.A., o alumnado máis grande do centro asistiu a un obradoiro de "grafiti" a cargo de Rubén de "Trecetrazos" no que decoraron a parede do noso galiñeiro.

Quedouvos de marabilla!!

OBRADOIRO DE PINTURA CO ALUMNADO DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA. (16 - 06 - 2022).

As nenas e os nenos de 3 a 8 anos do noso cole, asistiron a un obradoiro de pintura a cargo de Ana e Alba,  onde traballaron coas cores primarias e realizaron diferentes deseños con mesturas de cores e formas.

Moitas grazas a A.N.P.A. por agasallarnos con esta actividade!

Distribuir contido