"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024
Enviado por admin o Xov, 22/02/2024 - 22:27Ilustración de @lilabi
Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.
Negra Sombra, Rosalía de Castro (1837-1885)
Se clicades na ilustración da escritora accederedes á web da súa fundación, na que atoparás moita información sobre ela e a súa obra. Ata poderedes realizar unha visita virtual a súa casa!
O 23 de febreiro conmemórase o nacemento da escritora, poeta e referente da cultura galega e, debido a súa relevancia na historia de Galicia e a vinculación directa co noso cole, levamos a cabo diferentes actividades para celebrar este día tan especial e poñer en valor a importancia da súa figura e da súa loita a prol da nosa lingua.
Durante os días previos, estivemos a traballar a súa vida e a súa obra a través de vídeos, cancións e xogos...
Empregamos o seguinte vídeo de Os Bolechas para coñecer unha das súas obras máis importantes: Cantares Gallegos.
Practicamos todo o aprendido nun xogo interactivo realizado na aplicación Genially.
Ademais, dende a materia de Música aprendimos a canción de Migallas basada no poema de Rosalía titulado "Eu ben vin estar o moucho". Mirade que ben nos saíu!! Esperamos que vos guste.
O alumnado de 5º e 6º contoulles aos seus compañeirxs na hora de ler do venres o conto Rosalía de Castro de Alba De Evan e Xabier Domínguez, con ilustracións de Bea Gregores da Editorial Edicións Cumio. Unha obra que resume a vida da poetisa a través de biopoemas, é dicir, unha vida feita poemas.
Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º de primaria decorou o "taboleiro das conmemoración" cun mural representativo da obra desta autor galega, con fotografías dos seus libros e, con versos dos seus poemas.
Por último, dende a materia de Art elaboramos, entre o alumnado de Infantil e Primaria, un cadro de estilo Pop Art, tomando como referencia os do famoso Andy Warhol, artista cun papel fundamental no nacemento e desenvolvemento deste movemento artístico.
Os mestrxs preparámoslle unha sorpresiña ao noso alumnado. Decoramos os chanzos das nosas escaleiras de entrada con 16 versos do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro. Mirade que bonitas quedaron.
Grazas polas túas verbas, pola túa loita e polo teu legado infinito Rosalía!
ENTROIDO 2024
Enviado por admin o Xov, 22/02/2024 - 22:01
Na semana de Entroido pásamolo moi ben! Comezamos a semana coas "Comandas do Meco". Botade unha ollada ao ben caracterizados que iamos!
O venres, tivemos baile de disfraces e xogos no pavillón debido á choiva. Terminamos a xornada cunha chocolata con biscoito. Foi xenial!
PROXECTO: O NOSO ENTROIDO
Enviado por admin o Mér, 21/02/2024 - 12:29Dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega planificouse un proxecto para todo o alumnado do centro sobre unha das festividades máis importantes da nosa comunidade: O Entroido. Basándonos no conto de Ramón D. Veiga titulado É tempo de Entroido, da editorial Xerais.
Dende as diferentes titorías e materias, estivemos a facer investigacións sobre as tradicións típicas de cada zona nesta época de troula e diversión.
A cada ciclo tocoulle un diferente:
Educación Infantil: Oso de Salcedo (A Pobra de Brollón)
1º e 2º de Primaria: Os Cigarróns (Verín)
3º e 4º de Primaria: Os Boteiros (Viana do Bolo)
5º e 6º de Primaria: Os Volantes (Chantada)
Logo de realizar as investigacións, pescudando en Internet, visualizando vídeos, lendo libros da nosa biblio... Cada aula realizou o produto final do proxecto para colocar nun mural colaborativo que xa adorna parte dos nosos corredores.
Quedou espectacular! Empregamos diferentes técnicas para decorar as diversas máscaras e traxes (plastilina, algodón, cartón, legumes, papel...).
Ademais de coñecer múltiples conceptos, con esta actividade, dímonos conta da gran riqueza inmaterial que ten o lugar no que vivimos. Quedan aínda moitas outras tradicións por descubrir no Entroido do próximo curso.
TRABALLAMOS CO XORNAL
Enviado por admin o Mér, 21/02/2024 - 12:05Aproveitando a publicación sobre a nosa colaboración co Senegal, no xornal El Progreso, o alumnado de 1º e 2º de Primaria estivo a realizar diferentes actividades de fomento da lectoescritura e de repaso de contidos con dita noticia.
Estiveron a repasar as palabras co son /k/ (ca, que, qui, co, cu).
Ademais, tamén aproveitaron a noticia para repasar contidos gramaticais, como a búsqueda de substantivos propios e comúns.
Estas actividades competenciais son a base para alcanzar unha aprendizaxe integral. Pasámolo moi ben traballando contidos de Lingua castelá coa nosa propia historia!
VIDEOCONFERENCIA CO SENEGAL
Enviado por admin o Mér, 07/02/2024 - 11:39O pasado venres 2 de febreiro tivemos a videoconferencia cos nenos talibé do pobo senegalés de Malicounda.
Ata o centro acudiron Eva, Susi, Cris e Paula; todas elas colaboradoras coa ONG sarriana "Hospitaleiros sen fronteiras". Elas, tiveron a oportunidade de viaxar ata Malicounda e vivir en primeira persoa o funcionamento das daaras, institucións nas que viven os nenos talibé. Estivemos a falar con elas, e preguntámoslle moitas dúbidas sobre todo este asunto. Tamén, nos dimos conta da vida tan dura que teñen os nenos e nenas do Senegal e do afortunadxs que somos nós.
As visitantes deixaron a súa pegada no noso libro de visitas para que sempre teñamos un bonito recordo deste día tan importante para nós!
Ademais, para completar esta actividade e dado a relevancia da mesma o xornal El Progreso quixo contemplar e darlle difusión a esta iniciativa do noso cole. A emoción ao vernos no xornal foi grandísima!!!
Fai clic aquí para acceder a noticia online.
Seguide contando con nós queridxs amigxs!! Xa comezamos a realizar manualidades no recuncho creativo da nosa biblio para poder recadar fondos no mercadiño solidario que celebra a ONG a finais de curso en Sarria e, temos previsto a realización dun obradoiro de xabón natural coa mesma finalidade.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORAN CON ESTA CAUSA TAN IMPORTANTE E NECESARIA!
BOLETÍN FAMILIAR FEBREIRO
Enviado por admin o Ven, 02/02/2024 - 11:04A UAD(Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos) edita un novo boletín de información e formación familiar para o mes de febreiro. Nesta ocasión, o tema é "TikTok risco do seu uso entre menores". Esta iniciativa está adscrita á Concellería de Sanidad e, cada mes aborda unha problemática distinta.
No seguinte documento podedes consultar toda a información, así como tamén, podedes coñecer diferentes canles de comunicación con dita Unidade.
CARNIVAL CRAFTS
Enviado por admin o Mér, 31/01/2024 - 23:27
IT´S CARNIVAL TIME! |
O alumnado de Primaria, na materia de Art, estivo a realizar diferentes manualidades (crafts) de Entroido para decorar e festexar esta data tan emocionante para todxs!
Mirade que bonita quedou a nosa entrada cos paiasos tan coloridos que fixeron xs alumnxs de Educación Primaria empregando diferentes materiais e texturas (colored cardboard, paper, ballon, plates...).
Traballaron moi ben e o resultado salta á vista!
Real artists!!
SESIÓNS DE IOGA AO AIRE LIBRE CO ALUMNADO DE INFANTIL
Enviado por Noelia o Mér, 31/01/2024 - 20:33No programa de estimulación da linguaxe (PELO) que se leva a cabo os mércores na aula de infantil,dedicamos unha parte da sesión á relaxación e á toma de conciencia do noso corpo.
A nosa nova compañeira especialista en Audición e Linguaxe Noelia Soriano, estanos aprendendo exercicios de Ioga que nos encantan.
Hoxe, animad@s polo sol, decidimos facer estes exercicios ao aire libre conectando coas árbores, os paxariños e o río que se escoitaba por debaixo da escola.
Grazas Noe! Pasámolo xenial! Esperamos que siga o bo tempo para poder repetilo!
CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE DYLAN E DANIELA
Enviado por admin o Dom, 28/01/2024 - 22:12O pasado venres día 26 viu a "Conto en familia", Alba, a mamá de Dylan de Educación Infantil e Daniela de 6º de Primaria.
Contounos dos contos súper interesantes e divertidos, que nos trasmitiron o valor da empatía, da confianza en un mesmo, do autoconcepto... O libro é o seguinte: De mayor quiero ser...feliz, de Anna Morató García, con ilustracións de Eva Rami. Un exemplar que inclúe diferentes contos sobre positividade e autoestima.
Ao rematar a sesión, Dylan entregoulle a súa nai o detalle de agradecemento pola visita. Ademais, con este "Conto en Familia" comezamos o noso libro de visitas da biblio, un rexistro de todas aquelas persoas que ao longo dos cursos veñan a visitar este espazo tan importante para nós.
Esperemos que todo o noso alumnado sexa mooooi feliz sempre!
Moitísimas grazas, Alba, por traernos estas ensinanzas tan importantes! Estamos desexando que volvas a compartir un ratiño con nós!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »