CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
VIDEOCONFERENCIA CO SENEGAL
O pasado venres 2 de febreiro tivemos a videoconferencia cos nenos talibé do pobo senegalés de Malicounda.
Ata o centro acudiron Eva, Susi, Cris e Paula; todas elas colaboradoras coa ONG sarriana "Hospitaleiros sen fronteiras". Elas, tiveron a oportunidade de viaxar ata Malicounda e vivir en primeira persoa o funcionamento das daaras, institucións nas que viven os nenos talibé. Estivemos a falar con elas, e preguntámoslle moitas dúbidas sobre todo este asunto. Tamén, nos dimos conta da vida tan dura que teñen os nenos e nenas do Senegal e do afortunadxs que somos nós.
As visitantes deixaron a súa pegada no noso libro de visitas para que sempre teñamos un bonito recordo deste día tan importante para nós!
Ademais, para completar esta actividade e dado a relevancia da mesma o xornal El Progreso quixo contemplar e darlle difusión a esta iniciativa do noso cole. A emoción ao vernos no xornal foi grandísima!!!
Fai clic aquí para acceder a noticia online.
Seguide contando con nós queridxs amigxs!! Xa comezamos a realizar manualidades no recuncho creativo da nosa biblio para poder recadar fondos no mercadiño solidario que celebra a ONG a finais de curso en Sarria e, temos previsto a realización dun obradoiro de xabón natural coa mesma finalidade.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORAN CON ESTA CAUSA TAN IMPORTANTE E NECESARIA!